[go: up one dir, main page]

Tratado de Karlowitz

O Tratado de Karlowitz, asinado en 1699 en Karlovci (Karlóca en húngaro, Karlowitz en alemán; Karlofça en turco, cidade da rexión serbia de Voivodina), rematou a Guerra Austro-Otomá de 1683-1697, que resultou na derrota otomá.

O tratado foi asinado o 26 de xaneiro de 1699, tras un congreso de dous meses de duración entre o Imperio Otomán, dun lado, e a Santa Liga (coalición formada por diversas potencias europeas, inclusive o Imperio Habsburgo, a Unión Polaco-Lituana, a República de Venecia e o Imperio Ruso. No tratado, os otománs cederon a maior parte de Hungría, Transilvania e Eslavonia a Austria, e Podolia a Polonia. A maior parte de Dalmacia foi entregada a Venecia, xunto con Moreia (a Península do Peloponeso), que os otománs gañaran no Tratado de Passarowitz en 1718.

O Tratado de Karlowitz marcou o comezo do declive otomán na Europa Oriental e o auxe do Imperio Habsburgo, a potencia dominante no sueste de Europa.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.