Timina
A timina é unha das catro bases nitroxenadas que forman parte do ADN, representada no código xenético coa letra T. As outras tres bases son a adenina, a guanina e a citosina. Forma o nucleósido timidina (dThd) e o nucleótido timidilato (dTMP). No ADN, a timina sempre se emparella coa adenina.
Timina | |
---|---|
5-Metilpirimidina-2,4(1H,3H)-diona | |
Outros nomes 5-metiluracilo | |
Identificadores | |
Número CAS | 65-71-4 |
PubChem | 1135 |
ChemSpider | 1103 |
UNII | QR26YLT7LT |
MeSH | Thymine |
ChEBI | CHEBI:17821 |
ChEMBL | CHEMBL993 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C5H6N2O2 |
Masa molar | 126,11 g mol−1 |
Densidade | 1,23 g cm−3 (calculada) |
Punto de fusión | 316-317 °C |
Punto de ebulición | 335 °C (descomponse) |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A súa fórmula é C5 H6 N2 O2. É un composto cíclico derivado da pirimidina (é unha 'base pirimidínica').
Os nucleótidos que constitúen o ADN están formados por un grupo fosfato, desoxirribosa (un azucre de cinco carbonos) e unha base nitroxenada. A timina é unha das catro bases que forman estes nucleótidos; as outras tres bases son a adenina, a citosina e a guanina. Estas últimas tamén interveñen na composición do ácido ribonucleico (ARN), pero a cuarta base deste ácido é o uracilo.
As unións transversais na estrutura de dobre hélice do ADN teñen lugar a través das bases, que sempre se emparellan de forma específica; a timina, que se representa pola letra T nas secuencias de nucleótidos, sempre se acopla coa adenina.
A timina foi descuberta en 1885 polo bioquímico alemán Albrecht Kossel.