[go: up one dir, main page]

Tesouro de Piddletrenthide

O tesouro de Piddletrenthide é un tesouro de moedas romanas do século III d. C. achado preto de Piddletrenthide, en Dorset, en 2016.

Tesouro de Piddletrenthide

Tipo 2 114 antoninianos
Cultura Roma Antiga
Características
Materiais Billón, aliaxe de cobre, cerámica
Descuberta
Localización Piddletrenthide, Dorset, Reino Unido Reino Unido
50°48′00″N 02°25′30″O / 50.80000, -2.42500
Descubridor/a Brian Read
Data 2016

O achado

editar

O tesouro consta de 2.114 antoninianos "radiados" cuñados en billón e apareceu no interior dun recipiente de cerámica. As moedas datan de entre o 253 e o 296 d.C., e entre elas hai algunhas procedentes da ceca de Londinium,[1][2][3] a única da Britania, establecida cara ao ano 286.[4]

O tesouro foi atopado por Brian Read en 2016, coa axuda do seu detector de metais.[2] Posteriormente, o arqueólogo local Mike Trevarthen extraeuno do seu lugar xunto co bloque de terra no que estaba soterrado, e logo o conxunto levouse ao Museo Británico para que o seu Departamento de Moedas e Medallas procedese ao seu estudo.[1][3][5]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar