Ponte de Mostar
A Ponte Vella (en bosníaco: Stari Most) é unha ponte construída no século XVI durante o Imperio Otomán, localizada na cidade de Mostar, en Bosnia e Hercegovina. Cruza o río Naretva e une as dúas partes da cidade.
(sh-latn) Stari Most | ||||
Tipo | ponte de arcos inferiores ponte de pedra clasificación patrimonial ponte | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Barrio da Ponte Vella no centro histórico de Mostar | |||
Localización | ||||
División administrativa | Cantón de Hercegovina-Neretva, Bosnia e Hercegovina, Mostar, Bosnia e Hercegovina e cidade de Mostar, Bosnia e Hercegovina | |||
Localización | 88000 Mostar | |||
Localización | Mostar | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Dimensións | 24 () × 4 () × 29 () m | |||
Atravesa | Río Neretva | |||
Permite o paso de | valor descoñecido | |||
Material usado | pedra Calcaria mármore | |||
Superficie | Ponte de Mostar: 0,5 ha | |||
Monumento Nacional de Bosnia e Hercegovina | ||||
Data | 7 de agosto de 2004 | |||
Identificador | 2493 | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
1557-1566 | construción | |||
9 de novembro de 1993 | destrución Causa de destrución: bombardeo | |||
7 de xuño de 2001-23 de xullo de 2004 | reconstrución | |||
Está considerada unha peza exemplar da arquitectura islámica nos Balcáns, e é un dos símbolos máis recoñecidos do país.
Historia
editarA ponte, que data do século XVI, sempre foi considerada un símbolo da época otomá de Bosnia e Hercegovina. Ten unha anchura de tres metros e unha lonxitude de 30. Ás dúas beiras levántanse dúas torres, a Halebija e a Tara, engadidas no século XVII.
Guerra de Bosnia
editarO 9 de novembro de 1993 foi destruída durante a guerra de Bosnia. Slobodan Praljak, o comandante do Consello Croata de Defensa que ordenou a súa destrución, suicidouse en 2017 ante o tribunal TPII que ratificaba a súa condena a 20 anos de prisión por dita acción, así como por outros cargos.[1][2]
As dúas beiras da cidade estiveron ligadas ata a reconstrución por unha ponte provisional, deseñada por enxeñeiros militares españois e portugueses
Reconstrución
editarCoa chegada da paz iniciáronse os traballos de reconstrución, baixo a colaboración da Unesco e de organizacións de rescate de Patrimonio da Humanidade. A nova ponte foi inaugurada o 23 de xullo de 2004 e o seu custo foi de aproximadamente 15 millóns e medio de dólares.[3]
Notas
editar- ↑ "La Haya condena a 111 años de cárcel a seis bosniocroatas por limpieza étnica". El País (en castelán).
- ↑ "Un acusado de crímenes de guerra se suicida tomando veneno ante el Tribunal de La Haya". La Vanguardia (en castelán).
- ↑ "Commission to Preserve National Monuments" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018.