Servizo de intelixencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Servizo de intelixencia, servizo secreto ou axencia de intelixencia é unha axencia pertencente a un goberno, que ten como función a obtención de información (intelixencia) relacionada con posíbeis ameazas á seguridade e integridade do Estado. Cando unha axencia obtén información secreta sobre un estado, país ou organización sen autorización do mesmo, a esa actividade chámaselle espionaxe. A maioría dos servizos de intelixencia usan diversos métodos espionaxe contando coa indulxencia dos seus respectivos gobernos. Todos os estados consideran como actividade criminal a espionaxe, mais por norma abstéñense de xulgar a súa propia espionaxe, cuxa práctica en principio non recoñecen nin comentan.
Alén de ocuparse da obtención de información, os servizos secretos tamén tentan evitar a acción de servizos de intelixencia estranxeiros no seu país, a chamada contraespionaxe.
As axencias de intelixencia poden proporcionar os seguintes servizos ós seus gobernos:
- Proporcionar unha análise en áreas relevantes para a seguridade nacional.
- Dar a alerta previa dunha crise inminente.
- Xestionar crises nacionais ou internacionais axudando a diferenciar as intencións dos posíbeis opositores, actuais ou potenciais nun futuro.
- Informar ás autoridades encargadas dos plans da defensa nacional e das operacións militares.
- Protexer a información, tanto a das súas fontes e actividades coma as das outras axencias estatais.
- É posíbel que actúen de forma encuberta para influír no desenlace de acontecementos en prol dos intereses nacionais.
Formas de intelixencia
editarExisten catro formas básicas de obter información:
- HUMINT, obtida por seres humanos.
- SIGINT, obtida pola interceptación de sinais como comunicacións, radares e transmisións de datos.
- IMINT, obtida por medio de imaxes, como fotografías satélite.
- MASINT, obtida a través da medida e análise eventos específicos, como explosións nucleares.
Historicamente, a maior fonte de obtención información foi a HUMINT, porén dende xa fai algún tempo a SIGINT é a máis importante a día de hoxe.
Servizos de intelixencia (por país)
editar- Bundesnachrichtendienst (BND) - Servizo Federal de Intelixencia
- Bundesamt für Verfassungsschutz (BfV) - Oficina Federal para a Protección da Constitución
- Militärischer Abschirmdienst (MAD) - Axencia de Contra-intelixencia Militar
- Al Mukhabarat Al A'amah - Dirección Xeral de Intelixencia
- Australian Secret Intelligence Service (ASIS) -
- Australian Security Intelligence Organisation (ASIO)
- Staatsveiligheid / Sûreté de l'État (SV/SE) - Servizo Estatal de Seguridade
- Agência Brasileira de Inteligência (ABIN) - Axencia de Intelixencia Brasileira
- Canadian Security Intelligence Service / Service canadien du renseignement de sécurité (CSIS/SCRS)
- Communications Security Establishment (CSE)
- Bezpečnostní informační služba (BIS) - Servizo de Seguridade da Información
- Úřad pro zahraniční styky a informace (ÚZSI) - Oficina de Relacións Exteriores e Información
- Vojenské zpravodajství (VZ) - Intelixencia Militar
- Politiets Efterretningstjeneste (PET) - Servizo de Seguridade e Intelixencia
- Forsvarets Efterretningstjeneste (FE) - Servizo de Intelixencia da Defensa
- Slovenská informačná služba (SIS) - Servizo de Información Eslovaco
- Vojenská spravodajská služba (VSS) - Servizo de Intelixencia Militar
- Central Intelligence Agency (CIA)
- Defense Intelligence Agency (DIA)
- National Security Agency (NSA)
- Federal Bureau of Investigation (FBI)
- U.S. Air Force Office of Special Investigations (AFOSI)
- Naval Criminal Investigative Service (NCIS)
- Coast Guard Investigative Service (CGIS)
- United States Army Criminal Investigation Command (USACIC)
- Al-Mukhabarat al-'Ammah - Dirección Xeral de Intelixencia Exipcia
- Mabahith Amn al-Dawla al-'Ulya - Secretaría Estatal de Investigación de Seguridade
- Federalnaya Sluzhba Bezopasnosti (FSB) - Servizo de Seguridade Federal
- Glavnoye Razvedyvatelnoye Upravlenie Genshtaba (GRU) - Dirección Principal de Intelixencia do Estado Maior Xeneral
- Sluzhba Vneshney Razvedki (SVR) - Servizo de Intelixencia Externa
- National Intelligence Coordinating Agency (NICA)
- Servizo de Intelixencia das Forzas Armadas de Filipinas (ISAFP)
- National Bureau of Investigation (NBI)
- Philippine National Police - Intelligence Group (PNP-IG)
- Bureau of Customs - Intelligence Group (BOC-IG)
- Suojelupoliisi (Supo) - Protection Police
- Direction Générale de la Sécurité Extérieure (DGSE) - Dirección Xeral de Seguridade Externa
- Direction Centrale du Renseignement Intérieur (DCRI) - Dirección Central de Intelixencia Interior
- Ethniki Ypiresia Pliroforion (NIS) - Servizo Nacional de Intelixencia Heleno
- Algemene Inlichtingen- en Veiligheidsdienst (AIVD) - Servizos Xeral de Seguridade e Información
- Militaire Inlichtingen- en Veiligheidsdienst (MIVD) - Servizo Militar de Intelixencia e Seguridade
- Nationaal Coördinator Terrorismebestrijding (NCTb) - Unidade Contraterrorista Interno
- Fiscale inlichtingen- en opsporingsdienst (FOID-ECD) - Servizo de Investigación e Información Fiscal
- National Investigation Agency (NIA)
- Central Bureau of Investigation (CBI)
- Intelligence Bureau (IB)
- Research and Analysis Wing (RAW)
- ha-Mossad le-Modiin u-le-Tafkidim Myukhadim (Mossad) - Instituto de Intelixencia e Operacións Especiais
- Shirut Bitahon Klali (ISA) - Axencia de Seguridade Israelí
- Aman - Dirección de Intelixencia Militar
- Direction de la Surveillance du Territoire (DST) - Dirección de Vixilancia do Territorio
- Direction Generale des Etudes et la Documentation (DGED)
- Inter-Services Intelligence (ISI)
- Military Intelligence (MI)
- Intelligence Bureau (IB)
- Federal Investigation Agency (FIA)
- Criminal Investigation Department (CID)
- Agencja Wywiadu (AW) - Axencia de Intelixencia Externa
- Agencja Bezpieczeństwa Wewnętrznego (ABW) - Axencia de Intelixencia Interna
- Służba Wywiadu Wojskowego (SWW) - Sevizo de Intelixencia Militar
- Służba Kontrwywiadu Wojskowego (SKW) - Servizo de Contra-intelixencia Militar
- Secret Intelligence Service (SIS ou MI6)
- Security Service (popularmente MI5)
- Government Communications Headquarters (GCHQ) - Cuartel Xeral de Comunicacións Gobernamentais
- Kontoret för särskild inhämtning (KSI) - Oficina de Adquisición Especial
- Underrättelsekontoret (UNDK) - Oficina de Intelixencia
- National Security Bureau (NSB)
- Milli İstihbarat Teşkilatı (MİT) - Organización Nacional de Intelixencia
- Holovne Upravlinnya Rozvidky (HUR) - Dirección Central de Intelixencia
- Sluzhba Bezpeky Ukrayiny (SBU)- Servizo de Seguridade de Ucraína
- Sluzhba Zovnishnioyi Rozvidky Ukrayiny (SZR ou SZRU) - Servizo de Intelixencia Externa de Ucraína