Senra, Ortigueira
San Xulián de Senra é unha parroquia do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 337 habitantes (179 mulleres e 152 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 503 habitantes.
Senra | |
---|---|
Igrexa de San Xulián de Senra. | |
Concello | Ortigueira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°39′57″N 7°51′11″O / 43.66573319, -7.85299835 |
Área | 8,66 km² |
Poboación | 337 hab. (2013) |
Densidade | 38,91 hab./km² |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarSenra está situada na beira sur da ría de Ortigueira, na marxe esquerda do río Maior. Linda polo norte coa ría de Ortigueira dende a desembocadura do río Maior até a enseada da Roncadoira, polo leste limita coas parroquias de Cuíña e Os Freires, marcados ambos límites polo curso do río Maior , polo sur o regato da Gaiba sepáraa das parroquias de Devesos e O Ermo, e polo oeste linda coa parroquia de San Claudio no rego Chaelo. Como noutras parroquias do litoral a poboación concéntrase ao longo da estrada AC-862 que cruza os lugares de Riomaior, O Nogueirido, A Telleira e A Basteira. Dende o lugar do Nogueirido, nesta mesma estrada sae outra que atravesa a parroquia até a parroquia de Insua. Case paralela a estrada xeral, vai a vía de FEVE, que conta nesta parroquia cun apeadoiro.
Patrimonio
editarA igrexa parroquial, é unha construción moderna de cruz latina. Preto dela hai unha magnífica casa reitoral e en fronte un pouco separado, queda o cemiterio parroquial. No lugar do Nogueirido, á beira do antigo camiño real, está a ermida da Santiña, na honra da Virxe das Dores, cunha pedra que amosa unha faciana antropomorfa, e que contan foi atopada nun terreo por unha labrega que dixo ver nela a imaxe da Virxe.
O centro escolar da Granxa, no lugar dese nome, foi sufragado polos indianos, nome co que eran coñecidos os emigrados nos inicios do 1900 a Cuba. Outras construcións destacadas son o pazo de Riomaior e un muíño de mareas na mesma desembocadura do río Maior. Augas arriba do mesmo río está a Ponte de Saa, do século XIV, pola que pasaba o Camiño Real que foi único paso deste río até a construción da actual estrada AC-862.
Galería de imaxes
editar-
Capela da Santiña.
-
Local social no antigo escolar de indianos.
-
Muíño de mareas na desembocadura do río Maior.
-
Pazo de Riomaior.
-
Ponte de Saa e o restaurado muíño do mesmo nome.
Lugares e parroquias
editarLugares de Senra
editarLugares da parroquia de Senra no concello coruñés de Ortigueira | |
---|---|
As Areas - O Barral - A Basteira - Burreiros de Abaixo - Burreiros de Arriba - Os Canavás - A Carmona - A Casanova - Castiñeiras - O Castro - A Cocheira - Os Cribeiros - O Crucifixo - O Escorial - Folgoso de Abaixo - Folgoso de Arriba - Fontela de Abaixo - Fontela de Arriba - A Gallupá - A Gándara - A Granxa - Gueirón - O Igrexario - O Lagares - A Lameira - Miñán - O Monte - O Muíño do Mar - O Navallo de Abaixo - O Navallo de Arriba - O Nogueirido - O Piñeiro - Pol de Abaixo - Pol de Arriba - Os Raposos - A Redonda - A Rega - O Rego - Riomaior - Roibás - Sa - O Santo - O Seixo - Seoane - O Sisto - Soldares - A Sortella - O Souto de Pol - A Taipa - A Telleira - O Torneiro - A Torre - A Viña - A Volta da Fonte |