[go: up one dir, main page]

Devesos, Ortigueira

parroquia civil do concello de Ortigueira

San Sebastián de Devesos[1] é unha parroquia do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 112 habitantes (62 mulleres e 50 homes) distribuídos en 41 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 225 habitantes.

Devesos
Igrexa de San Sebastián de Devesos.
ConcelloOrtigueira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°37′47″N 7°48′52″O / 43.6296, -7.8144
Área27,87 km²
Poboación112 hab. (2013)
Densidade4,02 hab./km²
Entidades de poboación41[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Devesos está situada na parte occidental do concello, esténdese polo curso alto do río Baleo e pola aba occidental da serra da Faladoira. A parroquia linda ao norte coa parroquia de Couzadoiro polo alto de Coucemosquento e a de Freires polo rego do Lombao; polo nordeste volve a lindar con Couzadoiro e os regatos de Santaballa e Viduído; polo leste os altos da Faladoira son linde co concello de Mañón; polo suroeste e polo sur linda coas parroquias das Neves e do Ermo, e polo oeste os altos de Folgoso sepárana da parroquia de Senra.

A estrada AC-101 (Ortigueira–As Pontes) atravesa a parroquia no seu lado oeste, de norte a sur, dende o quilómetro 5 até o quilómetro 9, polos lugares do Coto, Camiño Grande, Casón e Paufito.

Os ríos Baleo e Mera, os dous leitos máis importantes do concello, teñen nos cumios e nos vales profundos desta parroquia as súas primeiras fontes.

Patrimonio

editar

A igrexa parroquial de Devesos, no Igrexario, é un templo antigo con planta de cruz latina do que se pode destacar un pouco usual pórtico lateral. Está adicado a San Sebastián, o patrón da parroquia. A uns metros está o cemiterio e no seu camiño testando coa igrexa atópase a casa reitoral, do século XVII, actualmente restaurada e de uso particular.

Neste mesmo lugar do Igrexario e fronte ao templo érguese o edificio da Sociedade de Instrución e Recreo "La Devesana", sufragado polos emigrantes en Cuba naturais desta parroquia e do. alto de Freires, que no ano 1908 constituíran na Habana unha sociedade con este mesmo nome. Os seus fundadores, todos eles obreiros tabaqueiros, co obxecto de facilitar a instrución dos nenos e nenas da parroquia, promoveron a posta en marcha dunha escola laica,[2] que foi inaugurada en marzo de 1912, seguindo os postulados da Escuela Moderna do anarquista Francesc Ferrer i Guàrdia.

A escola foi pechada o 24 de marzo de 1924, durante a ditadura de Primo de River, polo gobernador civil (Pïo López Pozas, en realidade militar, como todos os gobernadores civís da ditadura), con excusas como a súa relación con asociacións libertarias, pero fundamentalmente pola hostilidade que os seus principios suscitaran no cura párroco de Devesos, José Antonio Orjales. Despois disto a Devesana reabriu as súas portas no curso 1930-1931, e foi novamente pechada trala sublevación franquista de 1936.


sufriu diversos avatares e actualmente acolle o centro social da parroquia.

No lugar de Portas ao que se chega por unha pista que sae do Igrexario e que vai até Penavide, atópase a medio camiño un desvío que nos leva por un camiño até a pequena ermida de Nosa Señora de Portas, moi concorrida en romaxe noutros tempos.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Devesos

editar
Lugares da parroquia de Devesos no concello coruñés de Ortigueira

O Aciveiro | Altamira | O Barcón | O Barral | As Bouzas | Bustelo | A Cabana | As Cabanas | O Cabradoiro | Os Calvarios | O Camiño Grande | O Carballal | Os Carballás | O Carrachal | Os Carrís | A Casanova | O Casón | O Castro | O Chao Cativo | O Chao do Souto | As Cortiñas | O Coto de Abaixo | O Coto de Arriba | O Cotón | O Cotorelo | O Couce das Taugas | O Couce Mosquento | O Couce | As Cruces | A Cruz do Coto | Os Destros | A Dorna | Ervellaqueira | Espilla | A Fieira de Abaixo | A Fieira de Arriba | A Fieira do Medio | As Forcadas | Gabián | A Gaiva | A Galiñeira | Gocende de Abaixo | Gocende de Ariba | O Igrexario | O Latidal de Abaixo | O Latidal de Arriba | O Lombao | O Lombo do Coitelo | O Malló | O Mexadeiro | Monteagudo | Paufito | Pedre | O Pegueiro | Penavide | A Picheira | Pontellas | Portas | Reboredo | O Rego | O Río | Rodela | Seixidal | A Serra | Sibil | Solores | O Teixeiro | O Tesouro | A Torre | Tras da Fonte | A Venda | O Vilar | Xambón

Parroquias de Ortigueira

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Luaces Pardo, Narciso (2015). "A Devesana, unha escola laica. Breve percorrido pola historia desta sociedade". Terras do Ortegal (2): 23–32. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar