[go: up one dir, main page]

A salchicha é un produto de forma alongada e cilíndrica elaborado cunha mestura de carne e graxa picadas (xeralmente de porco), sazonada con sal, pementa e outros condimentos e aditivos, embuchada nunha tripa natural ou artificial, que pode comercializarse cru, cocido ou afumado[1]. É un preparado cárnico de orixe alemá, semellante aos chourizos.

Salchichas cociñadas.

Para a súa elaboración adóitase aproveitar as partes do animal que, aínda que sexan comestibles e adoito nutritivas, non teñen un aspecto particularmente apetitoso, como a graxa, as vísceras e o sangue. Esta carne é introducida nunha envoltura, que tradicionalmente é o intestino do animal, aínda que actualmente se utiliza coláxeno, celulosa ou incluso plástico, especialmente na produción industrial.

Os bocadillos de salchicha (en inglés hot dog) son unha especie de sándwichs de salchicha feitos cun pan alongado da mesma lonxitude que a salchicha e aos que se lle engaden a miúdo ketchup e mostaza.

Tipos de salchichas

editar

Existen no mundo numerosos tipos de salchichas, segundo o tipo de carne empregada, así como os demais ingredientes (como especias). Na cociña alemá existen diversas categorías de salchichas:

  • Bratwurst, elaborada con carne de porco e de vaca destinada para asar.
  • Brühwurst, salchicha escaldada que a maioría das veces se come cocida.
  • Weisswurst
  • Frankfurter Würstchen, máis coñecida como frankfurt.
  • Käsekrainer, carne de porco e queixo.

Algunhas cociñas ou gastronomías do mundo teñen salchichas que non conteñen carne como é o caso da Erbswurst (salchicha de chícharos) na cociña alemá e a farinheira (salchicha de fariña) na cociña portuguesa.

  1. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar