S'Espardell
S'Espardell é unha illa balear que forma parte das Illas Pitiusas. Depende do municipio de Formentera e da parroquia de Sant Ferran de ses Roques, e está incluída no Parque Natural de ses Salines.
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Formentera, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 0,48 km² | |||
Características
editarEstá situada a 4 km ao oeste da illa de S'Espalmador e 8 km ao norte da punta Pedrera de Formentera. A 100 m ao suroeste da illa atópase o illote de S'Espardelló. Ambos os nomes són diferentes diminutivos de esparto.
A lonxitude da illa, entre a punta de Tramuntana e a punta de Migjorn é de 1.570 metros e a superficie total é de 0,6 km². Na parte central a illa anchéase formando a levante a punta de Sa Galera. A costa é abrupta e só dispón dun pequeno embarcadoiro a poñente, que recibe o nome de Es Mollet. Na punta de Tramuntana hai o faro de S'Espardell, de 53 metros de altitude. No oeste da illa hai restos dunha torre de defensa de orixe musulmá. A superficie da illa é relativamente plana e a altitude máxima é de 30 m no punto chamado Es Cocons de s'Espardell.
Xeoloxicamente a illa é calcaria. O litoral de poñente está formado por marès (rocha sedimentaria balear) que chega ata 14 m de altitude e é o resultado da compactación de grandes calcarios e fragmentos de organismos mariños. O resto da illa está recuberta dunha capa calcaria formada pola salinización por evaporación do substrato de marès. Esta constitución calcaria provocou a formación de importantes covas: S'Almànguena, Es Corbmarins e Sa Sitja.
Destaca a presenza da mesma subespecie de lagartas que en Formentera (Podarcis pityusensis formenterae) e importantes colonia de aves mariñas como a gaivota de Audouin (Larus audouinii), o corvo mariño (Phalacrocorax aristotelis) e a pardela balear (Puffinus mauretanicus). Tradicionalmente foi utilizada polos habitantes de Formentera para a práctica da pesca, a caza de pardelas e a busca de ovos de gaivota.