[go: up one dir, main page]

Furabuchos balear

(Redirección desde «Pardela balear»)
Furabuchos balear
Estado de conservación
Crítico
Crítico
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Procellariiformes
Familia: Procellariidae
Xénero: Puffinus
Especie: P. mauretanicus
Nome binomial
Puffinus mauretanicus
P.R. Lowe, 1921
Sinonimia

Puffinus puffinus mauretanicus
Puffinus yelkouan mauretanicus

O furabuchos balear[1][2] ou pardela balear[3] (Puffinus mauretanicus) é unha especie de pardela en grave perigo de extinción endémica das illas Baleares. Chamada baldritja en Mallorca e Menorca e virot nas Pitiusas, foi considerada unha subespecie da Puffinus yelkouan. En 2003 estimábase que había menos de 2.000 parellas.

Os exemplares adultos miden entre 30 e 38 cm, teñen unha envergadura de 76–89 cm e pesan uns 500 g. Tralo período de cría, abandonan as illas para emigrar ao golfo de Biscaia, onde pasan o verán. Algunhas veces chegan ás costas británicas, surescandinavas e norteafricanas; tamén invernan no litoral valenciano e catalán.

  1. Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia.
  2. "furabuchos balear". TERGAL. Consultado o 18 de abril de 2024. 
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar