[go: up one dir, main page]

Ribadelouro, Tui

parroquia civil do concello de Tui

Santa Comba de Ribadelouro é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 946 habitantes (515 mulleres e 431 homes), distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 976 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 832 habitantes, sendo 381 homes e 451 mulleres.

Ribadelouro
Ponte de San Telmo ou Ponte das Febres.
ConcelloTui[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°05′55″N 8°38′38″O / 42.09867622, -8.64385137
Poboación832 hab. (2014)
Entidades de poboación21[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

A parroquia está situada entre as ladeiras orientais da Serra do Galiñeiro e do Monte Aloia e o Río Louro. Alcanza a súa altura máxima nos 500 metros sobre o nivel do mar na Costa de Oia[2].

Na zona montañosa da parroquia hai varias covas graníticas. Entre elas está a Cova da Trapa, a segunda máis grande de Europa deste tipo, con máis dun quilómetro de galerías e cun río de 250 metros de longo[3][4].

División eclesiástica

editar

Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado de Tui-Entenza, na diocese de Tui-Vigo.[5]

Historia

editar

Nesta parroquia son numerosos os achados arqueolóxicos prehistóricos. A primeira referencia histórica á parroquia é dun documento do ano 1112, no que se cita a esta parroquia polo nome da súa santa titular, Santa Comba. A actual igrexa parroquial foi construída no ano 1827[6].

Folclore

editar

De acordo coas lendas locais, San Telmo faleceu na parroquia, no lugar coñecido como Ponte das Febres[7].

Deporte

editar

A parroquia conta cun equipo de fútbol, o C. D. Ribadelouro, que actualmente xoga na Terceira Autonómica de Galicia[8].

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Ribadelouro

editar
Lugares da parroquia de Ribadelouro no concello de Tui (Pontevedra)

Barreiro | Bouzón | O Castro | A Costa | Cotarel | O Cruceiro | A Eira Vella | Espendelo | A Farrapa | A Fernal | A Fonte | A Gándara | A Magdalena | O Mallón | Marxiáns | O Monte | Mourentán | Oia | O Porto de Bouzas | San Simón | Vides

Parroquias de Tui

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tui

Areas (Santa Mariña) | Baldráns (Santiago) | Caldelas de Tui (San Martiño) | Guillarei (San Mamede) | Malvas (Santiago) | Paramos (San Xoán) | Pazos de Reis (O Sagrario) | Pexegueiro (San Miguel) | Randufe (Santa María da Guía) | Rebordáns (San Bartolomeu) | Ribadelouro (Santa Comba) | Tui (O Sagrario)

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. Martínez Sigüenza, Xulio (2010). "As parroquias de Tui –síntese histórica" (PDF). Pontevedra. Revista de Estudios Provinciais (19): 11–48. ISSN 0211-5530. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de maio de 2012. Consultado o 30 de setembro de 2020. .
  3. "Una gruta del Aloia de dos millones de años atrae a espeleólogos y geólogos de la NASA". www.farodevigo.es. 12 de abril de 2011. Consultado o 12 de novembro de 2021. 
  4. País, Ediciones El (2011-04-21). "Reportaje | Una trampa de 1.200 metros". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-10-02. 
  5. "TUI-ENTENZA archivos". DIOCESE TUI-VIGO (en castelán). Consultado o 2023-09-13. 
  6. "Parroquias de Tui | Concello de Tui". tui.gal. Consultado o 2020-10-02. 
  7. Martínez Sigüenza, Xulio (2010). "As parroquias de Tui –síntese histórica" (PDF). Pontevedra. Revista de Estudios Provinciais (19): 11–48. ISSN 0211-5530. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de maio de 2012. Consultado o 30 de setembro de 2020. .
  8. "Resultados del Club Deportivo Ribadelouro". Siguetuliga (en castelán). Consultado o 2020-10-02. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar