[go: up one dir, main page]

Baldráns, Tui

parroquia civil do concello de Tui

Santiago de Baldráns é unha parroquia, bañada polo río Miño, que se localiza no concello de Tui. Segundo o padrón municipal 2019 tiña 457 habitantes (228 homes e 229 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha lixeira diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 464 habitantes (239 mulleres e 225 homes) e unha baixada de poboación maior respecto ao ano 1999, cando contaba con 495 habitantes.

Baldráns
Festas en Baldráns
ConcelloTui[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°03′39″N 8°35′19″O / 42.06089444, -8.58871944
Poboación457 hab. (2019)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

A parroquia está localizada na zona oriental do concello de Tui. Limita ao leste con Caldelas de Tui, ao oeste con Paramos e ao norte con Soutelo (parte do concello de Salceda de Caselas).

División eclesiástica

editar

Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado de Tui-Entenza, na diocese de Tui-Vigo.[2]

Toponimia

editar

O nome da parroquia aparece na documentación histórica escrito de dúas maneiras, Valdráns e Baldráns[3].

Historia

editar

Esta parroquia está habitada desde o paleolítico, como mostran os bifaces da época atopados no barrio do Cerqueiro. Outras mostras do poboamento prehistórico da parroquia son os petróglifos das Carneiras, con motivos variados: serpentiformes, círculos e coviñas[3]. A igrexa foi construída na Idade Media, pero foi modificada de maneira moi forte durante os séculos XVII e XVIII. No século XIX houbo un campamento francés no lugar[4].

Lugares de Baldráns

editar
Lugares da parroquia de Baldráns no concello de Tui (Pontevedra)

A Carballiza | O Cerqueiro | O Facho | A Igrexa | A Malladoura | A Parceira | O Rapado | A Teixeira | As Veigas

Parroquias de Tui

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tui

Areas (Santa Mariña) | Baldráns (Santiago) | Caldelas de Tui (San Martiño) | Guillarei (San Mamede) | Malvas (Santiago) | Paramos (San Xoán) | Pazos de Reis (O Sagrario) | Pexegueiro (San Miguel) | Randufe (Santa María da Guía) | Rebordáns (San Bartolomeu) | Ribadelouro (Santa Comba) | Tui (O Sagrario)

Notas

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar