Río Segre
O río Segre é un curso fluvial, afluente do río Ebro pola súa beira esquerda, que desde o nacemento até a desembocadura, logo de 265 km de curso, atravesa territorios de dous países: Francia e España.
Tipo | curso de auga río río aurífero | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Europa | ||||
Altitude inicial | 2.843 m | ||||
División administrativa | Alta Cerdanya, Francia, Pireneos Orientais, Francia e distrito de Prades, Francia (pt) | ||||
Localización | Llo | ||||
Final | |||||
Altitude final | 70 m | ||||
División administrativa | Provincia de Zaragoza, España | ||||
Localización | Mequinenza | ||||
Desembocadura | Río Ebro | ||||
| |||||
Afluentes | Río Noguera Ribagorzana, Río Noguera Pallaresa, Río Cinca, Río Querol, riu d'Angostrina (en) , Reür (en) , Vanéra (en) , río Set, río Corb, canle de Urgell, río Sió, Río Rialb, riu de Lavansa (en) , torrent de la Morera (en) , El Farfanya (en) , Rec de l'Angust (en) , Río Valira | ||||
Conca hidrográfica | Conca do Ebro | ||||
Características | |||||
Dimensións | 265 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 22.400 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 100,2 m³/s (Seròs) | ||||
Percorrido
editarO sentido xeral do curso do Segre é de NL-SO. O Segre nace nos Pireneos, na ladeira setentrional do Pico do Segre, no circo de la Culassa, no concello de Llo, departamento dos Pireneos Orientais, Francia, dentro da comarca que os cataláns denominan Alta Cerdaña. Logo de apenas 20 km de curso penetra en territorio catalán, preto de Puigcerdà, na provincia de Xirona, para entrar logo na de Lleida, por onde transcorre a maior parte do seu percorrido, excepto uns poucos quilómetros, nos que entra en territorio administrativo aragonés (Zaragoza). Verte as súas augas no Ebro na localidade de Mequinenza, dentro da franxa de fala catalá de Aragón.
Réxime hídrico
editarO réxime do Segre é de tipo nivo-pluvial (ver figura), con máximos de caudal nos meses primaverais a consecuencia do desxeo das masas xeadas e neves acumuladas nas alturas dos Pireneos principalmente, ás que hai que engadir as dos seus principais afluentes.
Afluentes principais
editarDesde o nacemento até a desembocadura os tributarios principais son:
|
|
Poboacións nas ribeiras
editarDestacan as seguintes poboacións situadas nas súas beiras: Puigcerdà, La Seu d'Urgell, Balaguer, Lleida, Aitona, Seròs e Mequinensa
Economía
editarNas augas do Segre érguense os encoros de Oliana, Rialb e Sant Llorenç de Montgai.
Do seu leito saen diversas canles e regos: a canle de Urgell, cos seus diversos ramais; a canle de Balaguer; a canle de Seròs, a canle de Aragón e Cataluña etc.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Río Segre |