Programa Sputnik
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Sputnik (en ruso: Спутник, que quere dicir satélite), foi a primeira serie de satélites artificiais soviéticos, concibidos para estudar as capacidades de lanzamento de cargas útiles para o espazo e para estudar os efectos da ausencia de peso e da radiación sobre os organismos vivos. Serviu tamén para estudar as propiedades da superficie terrestre con vista á preparación do primeiro voo espacial tripulado.
Historia
editarO Sputnik foi o primeiro satélite artificial da Terra. Foi lanzado pola Unión Soviética o 4 de outubro de 1957 na Unidade de test de foguetes da Unión Soviética, actualmente coñecido como Cosmódromo de Baikonur. O programa que o lanzou chamouse Sputnik 1. O Sputnik era unha esfera de aproximadamente 58,5 cm e pesando 83,6 kg. A función básica do satélite era transmitir un sinal de radio, "beep", que podía ser sintonizado por calquera radioaficionado nas frecuencias entre 20,005 e 40,002 MHz[1], emitidos continuamente durante 22 días até 26 de outubro de 1957, cando as baterías do transmisor esgotaron a súa enerxía[2]. O satélite orbitou a Terra durante seis meses antes de caer. A pesar das funcionalidades reducidas do satélite, o programa Sputnik I axudou a identificar as camadas da alta atmosfera terrestre a través das mudanzas de órbita do satélite. O satélite Sputnik era presurizado internamente por nitróxeno, ofrecendo tamén a primeira oportunidade de estudo sobre pequenos meteoritos, detectado a través da despresurización interna ocasionada polo impacto perforante dun pequeno meteorito, evidenciado a través de grandes variacións internas de temperatura conforme a presión diminuía. Tales variación de temperatura reflectiron no sinal emitido polo transmisor que foron monitorados polo control do satélite en terra.
Foguetes propulsores
editarO seu foguete, chamado Foguete Sputnik, de dous módulos, tiña 19 metros de altura e pesaba 137 toneladas (10,835 toneladas sen combustible). O seu módulo dous tamén entrou en órbita. O foguete era propulsado por LOX (osíxeno líquido) e queroseno, que aínda son utilizados pola Rusia nas súas misións espaciais da Soiuz. Foi proxectado a partir dunha modificación do foguete R-7 Semyorka, de dous módulos, orixinalmente proxectado polo ICBM (Intercontinental Ballistic Missile e construído pola OKB-1 (S.P. Korolev Rocket and Space Corporation Energia), para lanzar cabezas nucleares.
O sistema de control do Foguete Sputnik foi axustado para unha órbita elíptica co perixeo de 223 km e apoxeo de 1450 km, cun período orbital de 101,5 minutos[3]. Os parámetros de traxectoria do foguete foron realizados por Georgi Grechko, que completou os cálculos utilizando o maior computador da Unión Soviética na época.
Despois do lanzamento, os parámetros da órbita do satélite foron verificados cun perixeo de 228,6 km e apoxeo de 947 km e período inicial da órbita de 96,17 minutos.
Programas Sputnik sucesores
editarO éxito do lanzamento do satélite Sputnik fixeron que a Unión Soviética proseguise como seu programa a través de novos lanzamentos.
Sputnik II
editarA Sputnik 2, lanzada ao espazo o 3 de novembro de 1957, pesando 543,5 kg, enviou o primeiro ser vivo ao espazo, a cadela Laika. Datos biolóxicos do animal foron monitorados durante unha semana. Sobre como a cadela tería morrido, a versión da época foi por falta de osíxeno tras unha semana, conforme comunicado polo Goberno Soviético. Anos máis tarde, os científicos revelaron que morreu poucas horas despois do lanzamento, en pánico, debido ao super-quecemento da cabina.
Sputnik III
editarA Sputnik 3, utilizando unha nova versión de foguetes propulsores, o Sputnik 8A91, lanzou un laboratorio espacial de estudo do campo magnético e do cinto radioactivo da Terra. Foi lanzado o 15 de maio de 1958, pesando 1340 kg, e permaneceu en órbita durante dous anos.
Sputnik IV
editarA Sputnik 4 (tamén chamada Korabl-Sputnik-1) foi lanzada ao espazo o 15 de maio de 1960. A súa carga de 4.540 kg era espectacular para a época, e representaba un paso importante na preparación da URSS para colocar un home no espazo. A cabina contiña un manequín humano en tamaño natural. Un fallo nos retrofoguetes impediu a reentrada da nave de forma controlada na atmosfera terrestre.
Sputnik V
editarFinalmente, a Sputnik 5 (tamén chamada Korabl-Sputnik-2), a última misión Sputnik, foi lanzada ao espazo o 19 de agosto de 1960 cos cachorros Belka e Strelka, ratas e diversas plantas. A espazonave retornou a Terra no día seguinte e, diferentemente do que aconteceu coa cadela Kudriavka, todos os animais foron recollidos a salvo. A misión testou a posibilidade de enviar seres vivos ao espazo e retornalos con vida. Foi estudada a adaptación posterior dos animais á ausencia de gravidade.
Korabl-Sputnik
editarAínda houbo tres misións chamadas Korabl-Sputnik-3, Korabl-Sputnik-4 e Korabl-Sputnik-5, que representaron os últimos esforzos pre-Vostok (a espazonave que levou a Iuri Gagarin ao espazo, e que pasou a ser a primeira xeración de naves tripuladas da URSS). As dúas últimas enviaron naves Vostok e xa foron lanzadas segundo un patrón de órbita que permitise o envío de humanos ao espazo.
A Korabl-Sputnik-3 foi lanzada o 1 de decembro de 1960 e levaba a bordo dous cachorros, chamados Pchelka e Mushka, ratos, insectos e plantas.
A Korabl-Sputnik-4 engalou en Baikonur o 9 de marzo de 1961. A nave pesaba 4.700 kg e levaba un manequín de home en tamaño natural (cuxo apelido era Ivan Ivanovich) e un cachorro chamado Chernuschka.
A Korabl-Sputnik-5 engalou na base de Baikonur o 25 de marzo de 1961, levando a bordo un cachorro chamado Zvezdochka.
Carreira espacial
editarA misión Sputnik I, xunto co voo de Iuri Gagarin no Vostok 1, tivo un impacto profundo na historia da exploración espacial, foron os eventos que desafiaron aos estadounidenses e foron a gota de auga para o lanzamento do programa espacial dos Estados Unidos con obxectivo de alcanzar a Lúa.
A Sputnik tornouse unha lenda e un marco da exploración espacial. A súa historia confúndese coa tenacidade do seu principal enxeñeiro, Sergei Korolev, que máis tarde foi nomeado por Nikita Khrushchov, o líder soviético na época, como enxeñeiro xefe do programa espacial soviético.
A Sputnik probou dúas cousas importantes. En primeiro lugar que era posible colocar en órbita un artefacto humano, e en segundo lugar, e máis importante, que era posible colocar seres vivos no espazo, inclusive humanos.
Réplica
editarO 3 de novembro de 1997 unha réplica do satélite Sputnik, elaborada por estudantes franceses e rusos, foi lanzada para celebrar os 40 anos do programa Sputnik. O satélite reproduciu os mesmos sinais "bip-bip-bip" do Sputnik transmitidos na frecuencia de 145,820 MHz ofrecendo a oportunidade para varias persoas do mundo sintonizar o sinal tal cal foi emitido orixinalmente na década de 1950. O proxecto foi coordenado por Dan Goldin da NASA seguindo a filosofía "Mellor, Rápido e Económico". A réplica enviou os seus sinais á Terra durante dous meses até as baterías esgotaren a súa enerxía o 9 de xaneiro de 1998. O satélite, inactivo despois do esgotamento das baterías, aínda orbitou a Terra por un ano.
Notas
editar- ↑ Jorden, William J (October 5, 1957). New York Times, ed. "Soviet Fires Earth Satellite Into Space". Consultado o 24 de marzo de 2012.
- ↑ Vibrationdata.com (ed.). "Sputnik". Consultado o 24 de marzo de 2012.
- ↑ ["Main Results of the Launch of the Rocket with the First ISZ Onboard on October 4, 1957" - documento asinado por S.P.Korolev, V.P.Glushko, N.A.Pilyugin e V.P.Barmin, no libro de Vetrov "Korolev and His Job"
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Programa Sputnik |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |