Pseudocódigo
O pseudocódigo é unha serie de normas léxicas e gramaticais parecidas á maioría das linguaxes de programación, pero sen chegar á rixidez de sintaxe destas nin á fluidez da linguaxe coloquial.[1] Isto permite codificar un programa con maior axilidade que en calquera linguaxe de programación, coa mesma validez semántica. Normalmente utilízase nas fases de análises ou deseño de Software, ou no estudo dun algoritmo. Forma parte das distintas ferramentas da enxeñaría do software.
Non hai ningún compilador ou intérprete de pseudocódigo informático, pero as similitudes coa maioría das linguaxes informáticas fano facilmente convertible.
O pseudocódigo describe un algoritmo utilizando unha mestura de frases en linguaxe común, instrucións de programación e palabras clave que definen as estruturas básicas. O seu obxectivo é permitir que o programador se centre nos aspectos lóxicos da solución a un problema.
Non sendo o pseudocódigo unha linguaxe formal, varía dun programador a outro, é dicir, non hai unha estrutura semántica nin arquitectura estándar. É unha ferramenta áxil para o estudo e deseño de aplicacións.
Definición de datos do Pseudocódigo
editarA definición de datos dáse por suposta, sobre todo nas variables sinxelas, se se empregan formacións: pilas, colas, vectores ou rexistros pódense definir na cabeceira do algoritmo, e naturalmente cando empreguemos o pseudocódigo para definir estruturas de datos, esta parte desenvolverémola adecuadamente.
Estruturas de control
editarComo se mencionou antes, cada autor usa o seu propio pseudocódigo coas súas respectivas convencións. Por exemplo, considere a instrución "Substitúa o valor da variable polo valor da variable ". Algunhas das posibles sintaxes para indicar o anterior poderían ser:
- asigne a o valor de
Secuenciais
editarAs instrucións séguense nunha secuencia fixa que normalmente vén dada polo número de liña. É dicir, as instrucións execútanse de arriba cara a abaixo.
|
Selectivas
editarA instrución selectiva realiza unha instrución de dúas posibles, segundo o cumprimento dunha condición .
|
A condición é unha variable booleana ou unha función reducible a booleana. Se esta condición é certa execútase Instrucións1, se non é así, entón execútase Instrucións2.
Tamén é común o uso dunha selección múltiple que equivale a aniñar varias funcións de selección.
|
Neste caso hai unha serie de condicións que teñen que ser mutuamente excluíntes, se unha delas se cumpre as demais teñen que ser falsas necesariamente.
Nesta estrutura, se Condición1 é certa, entón execútase só Instrucións1. En xeral, se Condición1 é verdadeira, entón só se executa Instrucións1
Notas
editar- ↑ "PSeInt: pseudocódigo ; AlgoRitmia". ProxectoAlgoRitmia.org. Consultado o 2023-03-29.