[go: up one dir, main page]

Porto, As Maus, Vilar de Barrio

lugar da parroquia das Maus, no concello de Vilar de Barrio

Porto é un lugar da parroquia das Maus, no concello ourensán de Vilar de Barrio, na comarca da Limia.[1] Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 96 habitantes (46 homes e 50 mulleres).

Porto

Editar o valor en Wikidata
ParroquiaAs Maus
ConcelloVilar de Barrio
Coordenadas42°10′35″N 7°35′35″O / 42.176294444444, -7.5931194444444
Poboación96 hab. (2023)
editar datos en Wikidata ]

Está situado preto da Serra de San Mamede, na cal nace o río Arnoia, que separa Porto e Alemparte.

Porto posúe un clima suave pasando a frío. Podería cualificarse coma clima de montaña durante o inverno e coma clima de interior ou mediterráneo suave durante o verán. A serra que rodea a aldea pode estar nevada nos meses de inverno, o cal sumado a estaren preto do río pode facer que a sensación térmica sexa máis intensa ca o marcado nos termómetros. No verán, en cambio, é habitual chegar a temperaturas moi elevadas.

Patrimonio

editar

Na aldea hai unha pequena capela de finais do século XVIII. Pódense ver diversos hórreos e muíños por toda a zona; aínda que a meirande parte están en desuso. Ademais no monte do Castro de Porto encóntranse uns restos que mesmo poderían ser dun poboado castrexo, o cal está sen confirmar. Tamén existen vestixios castrexos na Cruz de San Martiño, onde atopamos un xeito moi estendido de cristianizar poñendo un símbolo novo nunha zona de restos anteriores.

Historia

editar

Segundo o catastro de Ensenada, de 1753, o couto de Alemparte formaba parte da xurisdición do conde de Maceda, mentres que os lugares de Porto e Parada da do Conde de Monterrei.

Festividades

editar

Porto e Alemparte celebran a festa na honra de santo Antón a mediados do mes de xaneiro.

Lugares e parroquias

editar

Lugares das Maus

editar
Lugares da parroquia das Maus no concello de Vilar de Barrio (Ourense)

Alemparte | Barrán | As Maus | Parada | Porto | San Pedro

Parroquias de Vilar de Barrio

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilar de Barrio

A Alberguería (Santa María) | Arnuíde (Santa María) | Bóveda (Santa María) | As Maus (San Pedro) | Padreda (San Miguel) | Prado (Santa Cruz) | Rebordechau (Santa María) | Seiró (San Salvador) | Vilar de Barrio (San Pedro Fiz)


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar