[go: up one dir, main page]

As Maus, Vilar de Barrio

parroquia civil do concello de Vilar de Barrio

San Pedro das Maus é unha parroquia do concello ourensán de Vilar de Barrio. Segundo o INE, no 2018 tiña 193 habitantes (91 homes e 102 mulleres), 73 menos ca no ano 2000.

As Maus
Vista de Porto.
ConcelloVilar de Barrio[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°10′46″N 7°36′09″O / 42.179386111111, -7.6024222222222
Poboación193 hab. (2018)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Atópase ao carón do río Arnoia, e ó pé da serra de San Mamede. O territorio da parroquia é claramente de montaña, con altitudes que van dende os 700 m de mínima aos 1.650 m de máxima.

Historia

editar
 
Placa na igrexa parroquial de San Pedro.

Antigamente, e segundo consta no escudo a entrada da igrexa, chamábase Maos. Nas respostas do Reino ao interrogatorio de Filipe II, de 1571, para a repartición de mouriscos granadinos, consta que San Pedro Dasmaos tiña vinte e cinco veciños. Segundo o catastro de Ensenada de 1753, a parroquia tiña dous coutos, de formas máis ou menos cadradas e circunscrito un no outro; o exterior era da xurisdición de Juan de Puga y Solís, conde de Torre Peneda, que tamén a exercía en Xocín, e o interior era da xurisdición de Juan Suárez Noguerol. Tamén había couto en Alemparte, xurisdición do conde de Maceda, e sobre oito veciños exercíaa Juan Suarez Noguerol, veciño de Mende. Os lugares de Porto e Parada pertencían á xurisdición do conde de Monterrei. O lugar de Barrán pertencía á xurisdición da Torre de Limia.

Topónimo

editar

A orixe do topónimo As Maus habería que procurala nun xentilicio medieval derivado do río Asma, Asmanos. A reinterpretación como un artigo mais un substantivo, As Maus, testemúñase xa dende o século XIII[2].

Patrimonio

editar

Destacan en arquitectura civil os conxuntos de hórreos que se salpican ao longo dun regato, así como varios fornos e unha forxa. En monumentos relixiosos, non quedan vestixios da igrexa antiga, pero si do retablo de 1608 de Francisco de Moure, feito na primeira etapa deste imaxinieiro. No lugar de Porto está a capela de Santo Antonio, situada no centro da aldea. No cumio do Castro do Porto, en Val de Mouros, hai uns restos, posiblemente dun castro. Tamén destaca a área recreativa con piscina fluvial. A aldea abandonada de Parada entre soutos de castiñeiros, está ocupada desde hai anos por xente dedicada a artesanía popular que logo venden nas feiras. En Borrán está a capela dedicada a Santiago Apostol, preto do camiño de Santiago da Vía da Prata.

Lugares e parroquias

editar

Lugares das Maus

editar
Lugares da parroquia das Maus no concello de Vilar de Barrio (Ourense)

Alemparte | Barrán | As Maus | Parada | Porto | San Pedro

Parroquias de Vilar de Barrio

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilar de Barrio

A Alberguería (Santa María) | Arnuíde (Santa María) | Bóveda (Santa María) | As Maus (San Pedro) | Padreda (San Miguel) | Prado (Santa Cruz) | Rebordechau (Santa María) | Seiró (San Salvador) | Vilar de Barrio (San Pedro Fiz)


  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Boullón Agrelo, Ana Isabel (2011). "O artigo na toponimia galega: aspectos da estandarización". Revista Galega de Filoloxía (12): 11–35. ISSN 1576-2661. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar