Pobos turcos
Os pobos turcos[1] do norte e o centro de Eurasia son pobos que falan linguas da familia turca, e que comparten varios trazos históricos e culturais en diferentes graos. As linguas turcas son unha subdivisión da familia das linguas altaicas e unha das máis amplamente estendidas no mundo, xa que se falan nunha vasta rexión que vai desde Europa até Siberia, incluíndo as sociedades existentes como: turcos, azarís, chuvaxos, casacos, tártaros, kirguiz, turcománs, uigures, uzbekos, baskires, kashgai, gagauz, iakutos, Karaites, crimchacos, caracalpacos, karachais, bálcaros, nogais; así como civilizacións do pasado tales como os köktürks, cumanos, kipchaks, ávaros, protobúlgaros, turgesh, kházaros, seliúcidas, otománs, mamelucos, timures e probabelmente os hunos e os xiongnu.
Distribución xeográfica
editarOs pobos turcos teñen moitas ramas, e a súa poboación total é de ao redor de 150 millóns de individuos. Aproximadamente a metade son turcos de Turquía, que na súa maoir parte habitan no mesmo país e nas rexións dominadas antigamente polo Imperio Otomán en Europa oriental, o norte de África e o Oriente Próximo. A outra metade dos turcos encóntranse en Asia Central, Rusia, o sur do Cáucaso e o noroeste de Irán.
Na actualidade hai seis países turcos independentes:
A República Turca do Norte de Chipre só é recoñecida por Turquía e Nakhicheván (unha rexión autónoma de Acerbaixán).
Existen varias repúblicas autónomas turcas e rexións gobernadas polos turcos na Federación rusa: República de Altai, Bashkortostán, República dos Chuvaxos, Daguestán, Khakasia, Karachai-Cherkesia, Tartaristán, Tuvá e Iakutia. Cada república autónoma turca da Federación Rusa ten a súa propia bandeira, parlamento, leis e lingua oficial.
Hai outras dúas rexións autónomas turcas importantes: a Rexión Autónoma Uigur de Xinjiang (tamén coñecida como Turquestán Oriental), no oeste da China, e rexión autónoma de Gagaucia, situada en Moldova oriental. Ademais, hai varias rexións turcas non recoñecidas en Irán e partes de Iraq, Afganistán, Paquistán, Taxiquistán e parte de Casaquistán.
Notas
editar- ↑ Definición de turco, -ca no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobos turcos |
Bibliografía
editar- Alpamysh, H.B. Paksoy: Central Asian Identity under Russian Rule Arquivado 09 de novembro de 2020 en Wayback Machine. (Hartford: AACAR, 1989)
- H. B. Paksoy (1989). Alpamysh: Central Asian Identity Under Russian Rule. AACAR. ISBN 978-0-9621379-9-0.
- Amanjolov A.S., "History of the Ancient Turkic Script", Almaty, "Mektep", 2003, ISBN 9965-16-204-2
- Baichorov S.Ya., "Ancient Turkic runic monuments of the Europe", Stavropol, 1989 (en ruso)
- Baskakov, N.A. 1962, 1969. Introduction to the study of the Turkic languages. Moscova (en ruso)