[go: up one dir, main page]

Pontecesures

concello da comarca de Caldas, na provincia de Pontevedra
(Redirección desde «Pontecesures, Pontecesures»)

Pontecesures é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo datos do IGE en 2015 tiña 3062 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cesurés».[1]

Modelo:Xeografía políticaPontecesures
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°43′15″N 8°39′11″O / 42.7208, -8.653
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
CapitalInfesta Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.096 (2023) Editar o valor en Wikidata (442,29 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie7 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataMaría Teresa Tocino Barreiro Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Pontecesures Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36640 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE36044 Editar o valor en Wikidata

Sitio webpontecesures.org Editar o valor en Wikidata

Poboación

editar
Censo total 2015 3062 habitantes
Menores de 15 anos 423 (13.81 %)
Entre 15 e 64 anos 2121 (69.27 %)
Maiores de 65 anos 518 (16.93 %)

Xeografía

editar

Atópase na ribeira do río Ulla, fronte á poboación de Padrón (provincia da Coruña). Ten 6,7 km² e abrangue unha soa parroquia. Está situado na Depresión Meridiana, e polo concello discorren a estrada N-550, a autoestrada AP-9 e a liña de ferrocarril Redondela-A Coruña, se ben o desvío do corredor atlántico para a liña do Eixe atlántico de alta velocidade fai que apenas haxa comunicación ferroviaria de pasaxeiros. Tamén pasa pola vila a vía portuguesa do Camiño de Santiago.

Historia

editar

Consérvanse varios petróglifos. A Pedra das Serpes, en Camporredondo, ten varios círculos e labirintos.

Da cultura castrexa consérvanse varios poboados. Castro Cortinallas está na Calera, preto do río. O Castro, no barrio do mesmo nome, está nun terreo privado. Castro Cesures estaba no lugar que ocupa hoxe o antigo cemiterio e a igrexa de San Xulián. Castro Valente era outro poboado da zona.

O lugar foi de sempre punto de paso. Trala romanización de Galicia construíuse unha ponte, mais a romana orixinal foi destruída trala chegada dos musulmáns a comezos do século VIII. Reformada por última vez no século XVIII, por ela pasa a actual estrada N-550.

Á beira da ponte había un peirao, onde se atoparon pontóns soterrados de madeira de carballo, xunto a cerámica e moedas romanas, desde as cuñadas en tempos de Tiberio a Constantino III. Amais, acháronse miliarios e lápidas romanas, e dúas aras adicadas a Lar, deus doméstico, e a Xúpiter. Estas atópanse no Museo de Pontevedra.

No lugar construíuse a vila de Turris Augusti, entre o peirao e o Castro Cortinallas.

Idade Media

editar

No século XII o bispo compostelán Diego Xelmírez (que nacera preto de Pontecesures, nas Torres de Oeste de Catoira) creou un estaleiro para construír tres naves, baixo a dirección do mestre carpinteiro Paolo de Nápoles. Pretendíase combater as incursións dos piratas berberiscos asentados nas illas Ons, quen atacaban buques procedentes de Inglaterra con peregrinos que facían a vía inglesa do Camiño de Santiago. Tempo despois construíronse outras dúas naves. Os buques participaron máis tarde por petición do rei Afonso VII no ataque á vila de Coímbra, daquela en mans musulmás, e despois na defensa contra as naves normandas.

 
Padrón e Pontecesures nun plano de 1751

A mediados do século XV, en tempos do rei Henrique IV, era o único peirao habilitado para barcos de carga e descarga de toda a ría de Arousa. Até aquí chegaba a mercancía dirixida a Santiago de Compostela.

Idade Contemporánea

editar

Até o século XIX as vilas de Pontecesures e Padrón estaban unidas administrativamente. Trala división territorial de España en 1833 a vila pasou a formar parte do concello de Valga. En 1881 o rei Afonso XII concedeu á parroquia de San Xulián de Requeixo o título de Vila de San Luís de Cesures.

En 1900 publicáronse na vila dous periódicos locais: La Verdad de Cesures e La Razón de Cesures.

En 1925 a burguesía local, formada por comerciantes e industriais, procurou formar un concello de seu. Asinouse o Pacto da Devesa cos representantes do concello de Valga, e en marzo dese ano iniciáronse as xestións para acadar a constitución de Pontecesures como concello independente. O 9 de outubro do ano 1925 elixiuse como alcalde a José Novo Núñez e formalizouse a creación do municipio.

En novembro de 1931 editouse en Pontecesures o semanario El Escarabajo.

Nas décadas de 1960 e 1970 o porto tivo grande importancia ao descargar alí a area procedente do Ulla, destinada á construción. A comezos da década de 1980 completouse o dragado do río, o cal rematou coas crecidas, xa que o río desbordaba na curva da Ínsua e á altura da ponte.

Patrimonio

editar

A igrexa de San Xulián de Requeixo é de orixe románica, mandada construír por Diego Xelmírez sobre outra edificación anterior. De planta rectangular e nave única, está construída con perpiaños e canzorros, cunha torre-campanario sobre a fachada.

Entre os cruceiros destacan o da Obra Pía de San Lázaro e o de Carreiras.

O pazo da Cova é do século XVIII. O Alfolí de Rendas do Tabaco foi construído durante o reinado de Carlos IV, e ten un grande escudo dos Borbóns. A Malatería de San Lois, na rúa Nova, estaba composta por 7 edificios rexentados pola Obra Pía de San Lázaro.

Economía

editar

En 1925 Eugenio Escudero Lastra formou a Cerámica Artística Gallega, que pasou a chamarse Cerámica Celta cando estivo dirixida por Ramón Diéguez Carlés. Alí traballaron autores como Francisco Asorey, José Jamardo Grela Peteiro, Carlos Maside, Víctor García Lozano, Castelao, Oria Moreno, José María Acuña, Francisco Ferro, Antonio Fabeiro ou Carlos Bóveda. A Cerámica Celta foi relanzada recentemente, reeditando as pezas máis destacadas da antiga produción.

En 1939 a empresa Nestlé estableceu unha fabrica de leite condensado.

Cultura

editar

A Foliada de Requeixo é un baile típico local, con tres parellas a ritmo de muiñeira lenta, coas mulleres levando sobre a cabeza tres doces (rosca, mollete, e torta).

Dentro da gastronomía local destaca a festa da lamprea, celebrada a última semana de abril. No Ulla péscase tamén o salmón.

Galería de imaxes

editar

Parroquias

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontecesures

Pontecesures (San Xulián)

Lugares de Pontecesures

editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pontecesures vexa: Lugares de Pontecesures.

Véxase tamén

editar