Ponte romana de Córdoba
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
A Ponte romana de Córdoba foi construída a principios do Século I, durante a época de dominación romana en Córdoba, sobre o río Guadalquivir (probablemente substituíndo a unha máis primitiva feita en madeira). Ten unha lonxitude duns 332 metros e está composto por 16 arcos. Foi un importante medio de entrada á cidade desde a zona sur da Península Ibérica por se-lo único punto para cruzar este río sen utilizar ningún tipo de embarcación. Probablemente a Via Augusta que ía desde Roma ata Cádiz pasaba por el.
Ponte romana de Córdoba | |
---|---|
Localización | |
Coordenadas | 37°52′36″N 4°46′40″O / 37.876625479687, -4.7778840951547 |
Río | Guadalquivir |
Concello | Córdoba |
Provincia | Córdoba |
Características | |
Construción | Século I |
Lonxitude | 332 m |
Ancho | 9 m |
Tipo | Romana |
Material | Pedra |
Historia
editarDesde a época musulmá encontramos nun extremo a torre defensiva da Calahorra e no outro a Porta da Ponte. A porta actual é obra do arquitecto Hernán Ruíz en 1572. No centro da ponte atopamos un triunfo de San Rafael (anxo custodio, que non patrón, da cidade), que data de 1651, obra do escultor Bernabé Gómez del Río.
Foi reconstruída en numerosas ocasións, principalmente durante o Califato de Córdoba, despois da Reconquista e finalmente nos albores do século XX. A principios do século XXI foi convertida en ponte peonil. Entre 2006 e 2008 foi obxecto dunha restauración integral.
No seu contorno podemos encontrar unha pequena reserva natural chamada os Sotos de la Albolafia, onde aniñan moitas especies de aves, algunhas delas en perigo de extinción, e onde se conserva un antigo muíño de auga.
Galería de imaxes
editar-
Restauración.
-
Torre de la Calahorra.
-
Río Guadalquivir.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponte romana de Córdoba |