Phnom Penh
Phnom Penh (en khmer: ភ្នំពេញ) é a capital de Camboxa, estado do extremo suroriental de Asia. Amén de ser a maior e máis populosa cidade do país, con máis de 1.200.000 de habitantes, é tamén a capital do concello homónimo. É ademais o máis importante centro político, comercial e cultural da nación.
ភ្នំពេញ (km) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Camboxa | ||||
Enclave en | Kandal (pt) | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Chamkarmon (pt) Chroy Changvar Section (en) Dangkao (pt) Daun Penh (pt) Meanchey (pt) Porsenchey (pt) Prampi Makara (pt) Russei Keo (pt) Sen Sok (pt) Tuol Kork (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.129.371 (2019) (3.138,54 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 678,46 km² | ||||
Bañado por | Río Mekong e Rio Bassac (pt) | ||||
Altitude | 11 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1372 (Gregoriano) | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Pa Socheatvong (en) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Prefixo telefónico | 023 | ||||
ISO 3166-2 | KH-12 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Cidade Ho Chi Minh Pequín Chongqing Long Beach Vientiane Londres Providence Shanghai (2008–) Kunming (2011–) Bangkok (2013–) Kitakyūshū (2016–) | ||||
Páxina web | phnompenh.gov.kh | ||||
Coñecida como a Perla de Asia, a cidade é unha das máis apetecidas metas turísticas, o mesmo a nivel nacional como internacional. Phnom Penh é famosa pola súa arquitectura, tanto polo que se refire ao estilo tradicional khmer como pola importada de Francia, e pola cordialidade das súas xentes.
Xeografía
editarPhnom Penh está situada na parte suroriental de Camboxa, sobre unha chaira aluvial, na confluencia dos ríos Tonlé Sap, Bassac e Mekong.
Clima
editarO clima é caloroso ao longo de todo o ano, con escaso gradiente térmico, e pertence ao tipo de clima tropical monzónico. Hai tres estacións principais: a estación fría, entre novembro e xaneiro; a estación cálida desde febreiro a maio e a estación da choivas, de xuño a outubro.
Historia
editarArredor de 1440, cando Angkor foi abandonada, Phnom Penh tornouse a nova capital debido a que se situaba nunha posición máis defendíbel a respecto das incursións desde o veciño reino de Siam e con maiores perspectivas comerciais pola súa proximidade ao río Mekong. En 1772 foi arrasada polos tailandeses. Case cen anos logo, en 1863, foi conquistada polos franceses.
No ano 1975 os khmer vermellos, so a xefatura de Pol Pot, aplicaron unha política de "socialismo do gran", deportando todos os habitantes das cidade para os campos e aloxándoos en factorías comúns. Phnom Penh ficou transformada nunha cidade fantasma. Durante o Nadal de 1978 un exército de 200.000 vietnamitas invadiu Camboxa, conquistou Phnom Penh e expulsaron a Pol Pot, xunto cos seus máis fieis, para os bosques dos confíns con Tailandia. Paulatinamente a xente iniciou o retorno para a cidade. Comezou un período de reconstrución, empurrado pola estabilidade de goberno, que puido atraer investimentos estranxeiros e axudas de organismos supranacionais e gobernos de estados diversos, como Francia, Australia ou Xapón, co que as infraestruturas foron revitalizadas.
Patrimonio cultural
editarOs maiores atractivos culturais, e a un tempo turísticos, de Phnom Penh son:
- o Pazo Real (Preah Barom Reachea Vaeng Chaktomuk), de 1866, está situado na beira esquerda do río Mekong, no barrio denominado Chaktomuk.
- a Pagoda de Prata (Wat Preah Keo), un conxunto de edificacións tamén de mediados do XIX, que é a vez o templo real; contén estatuas de Buda enxoiadas, algunhas moi antigas.
- o Museo Nacional de Camboia, construído entre 1917-20, durante a época colonial francesa, aínda que en estilo local; está unicado nas proximidades do Pazo Real, e contén boas coleccións de arte khmer e outras.
- o Phsar Thom Thmei ou "Gran Novo Mercado", de estilo art-déco, erguido en 1937.
- o Vimean Akareach ou Monumento á Independencia,
- o Monumento á Amizade entre Camboxa e Vietnam,
- o Museo Tuol Sleng ou do Xenocidio,
- a pagoda Wat Phnom é un dos monumentos máis antigos da cidade, que data do século XIV.
Fora da cidade está o Centro do Xenocidio Choeung Ek.
Comunicacións
editarHai todo tipo de servizos de transporte, incluíndo ferrocarril, e autoestradas que conducen a Tailandia e Vietnam. Hai unha liña ferroviaria Phnom Penh-Battambang, que realiza unha viaxe diaria. O grande porto da cidade, fluvial, ten saída para o Mar da China. Dentro da cidade hai autobuses, taxis e os populares rickshaws, movidos por bicicletas ou motocicletas.
O Aeroporto Internacional de Phnom Penh é o segundo en importancia do país. Está sito a 7 km do centro da cidade en dirección oeste.
Galería fotográfica
editar-
Pavillón do Pazo Real
-
Estación de Phnom Penh
-
Pagoda Wat Phnom
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Phnom Penh |