[go: up one dir, main page]

Pedro Rodríguez Rodríguez

médico, historiador e escritor galego

Pedro Rodríguez Rodríguez, nado en Xallas (Negreira) en 1849 e finado en Meiro (Aro) o 31 de xullo de 1925, foi un médico, historiador e escritor galego.

Modelo:BiografíaPedro Rodríguez Rodríguez
Biografía
Nacemento1849 Editar o valor en Wikidata
Xallas, España Editar o valor en Wikidata
Morte31 de xullo de 1925 Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
Aro, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, historiador Editar o valor en Wikidata

BUSC: rodriguez-y-rodriguez-pedro-1849-1925

Traxectoria

editar

Fillo de Ramona Rodríguez e dun crego da comarca da Barcala que custeou os seus estudos no Seminario e despois a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Nos seus tempos de estudante formou parte da redacción de Galicia Histórica e foi amigo de Bernardo Barreiro, con quen colaborou na tradución da Historia Compostelana.

Colaborador asíduo de Galicia Diplomática, nela publicou "Los Churruchaos. Guerra de Don Berenguel de Landoira, arzobispo de Santiago" (versión dun códice latino, con notas do historiador Bernardo Barreiro), "Grandimirium", "La Villa de Noya", "Las torres del Oeste", "Cronicón Iriense" (códice en latín, traducido expresamente para a revista) e "Los moros en Galicia".

Publicou escritos sobre prehistoria da comarca da Barcala en La Federación de Negreira y Baña. Liberal e anticlerical, tivo algún incidente co bispo de Santiago polos seus traballos de investigación sobre a aparición do corpo do apóstolo.

Recoñecementos

editar

Unha rúa de Negreira leva o seu nome.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar