Pedro III de Rusia
Pedro III de Rusia (en ruso Пётр III Фëдорович Pyotr III Fyodorovitch) (21 de febreiro de 1728 - 17 de xullo de 1762) Tsar do Imperio Ruso, fillo de Carlos Frederico de Holstein-Gottorp e de Ana Petrovna, filla de Pedro o Grande.
Naceu en Kiel en 1728 e accedeu ao trono en 1762 ao falecer a emperatriz Sabela I. Militar formado en Prusia, desprezaba a cultura rusa. Por decisión da súa tía, casou coa princesa Sofía de Anhalt-Zerbst (1745), que se converteu á fe ortodoxa co nome de Catarina e que anos despois foi coñecida como Catarina II.
Deste matrimonio naceron dous fillos, o futuro Paulo I e a gran duquesa Ana Petrovna, que morreu na súa infancia. Especúlase, que os fillos tiveran outros pais biolóxicos, circunstancia que é case segura no caso da nena.
Profundo admirador de Frederico II o Grande, entregou a Prusia os territorios conquistados por Rusia durante a Guerra dos Sete Anos e introduciu a militares prusianos no exército ruso, o que lle valeu o rexeitamento da Garda Imperial. Ademais planeaba xunto a Frederico, unha guerra contra Dinamarca, para apoderarse do territorio que actualmente é Schleswig-Holsten, rexión de onde el proviña.
Unha conspiración encabezada polo amante da súa dona, que se convertería en Catarina II, obrigouno a abdicar aos seis meses de ser elixido Tsar. Poucos días despois foi asasinado en Ropscha, aínda que o suceso atribuíuse a causas naturais. Foi sepultado con deshonra, pero o seu fillo Paulo exhumou o cadáver e brindoulle cerimonia fúnebre con honores en 1796, tras a morte de Catalina.