[go: up one dir, main page]

Paradela

concello da comarca de Sarria, na provincia de Lugo

Paradela é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria, que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o INE a súa poboación no 2017 era de 1.851 habitantes (2.307 no 2006, 2.367 no 2005, 2.408 no 2004, 2.463 no 2003) e 1.723 no 2021. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «paradelense».

Modelo:Xeografía políticaParadela
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°45′50″N 7°34′03″O / 42.764, -7.5674
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor en Wikidata
CapitalParadela Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.638 (2023) Editar o valor en Wikidata (13,52 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie121,12 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude345 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataMontserrat Mulet (2024–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Paradela Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27... Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE27042 Editar o valor en Wikidata

Sitio webparadela.es… Editar o valor en Wikidata

Demografía

editar
Censo Total 1.851 (2017)
Menores de 15 anos 97 (5.24 %)
Entre 15 e 64 anos 1.027 (55.48 %)
Maiores de 65 anos 727 (39.28 %)

Xeografía

editar

Paradela sitúase no suroeste da provincia de Lugo, entre o val do río Miño e a depresión de Sarria. Limita ao norte co Páramo, ao sur con Bóveda e O Saviñao, ao leste con Sarria e O Incio, e ao oeste con Taboada e Portomarín. Ten uns 121,12 km²,[1] repartidos en 18 parroquias.

Polo oeste pasa o río Miño, e atravesando a parte norte está o río Loio. O punto máis alto é Pena Ventureira (838 m), sendo a altitude media do concello de 600 m.

Heráldica

editar

O concello de Paradela aprobou o 16 de abril de 1986 o proxecto de Estudo Heráldico e Estandarte para o Concello redactado por Vicente Cárdenas y Vicent, sendo aprobado definitivamente pola Xunta de Galicia o 16 de outubro do mesmo ano.

No escudo aparece a mitra, representando o mosteiro de Santa María de Loio, que aparece nomeado na Bula aprobatoria da Constitución canónica da Orde de Santiago, expedida polo Papa Alexandre III.

A campá representa a de San Miguel, á que sempre se lle atribuíu unha axuda milagreira nos partos dificultosos.

A grande Cruz de Santiago, no centro, lembra o paso do camiño francés a Santiago de Compostela polo concello, onde houbo importantes hospitais de peregrinos, así como unhas das primeiras posesións e casas matrices da Orde.

Os dous castiñeiros representan a destacada riqueza forestal de Paradela.

Patrimonio

editar

No concello sitúanse o mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño (século XIII), o mosteiro de Santa María de Castro de Rei e o mosteiro de Santa María de Loio.

Toponimia

editar

Segundo Nicandro Ares Paradela é o nome do concello e de catro parroquias, mais non de ningún lugar. É un diminutivo de parada (latín parata) nun camiño,[2] como o Camiño de Santiago.

Galería de imaxes

editar
Artigo principal: Galería de imaxes de Paradela.

Lugares de Paradela

editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Paradela vexa: Lugares de Paradela.

Parroquias

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Paradela

Aldosende (Santiago) | Andreade (Santiago) | Barán (San Pedro) | Castro (San Mamede) | Castro de Rei de Lemos (Santa María) | As Cortes (San Salvador) | Ferreiros (Santa María) | Francos (Santa María) | A Laxe (Santiago) | Loio (San Xoán) | Paradela (San Miguel) | San Facundo de Ribas de Miño (San Facundo) | San Martiño de Castro (San Martiño) | San Vicente de Paradela (San Vicente) | Santa Cristina de Paradela (Santa Cristina) | Santalla de Paradela (Santalla) | Suar (San Lourenzo) | Vilaragunte (Santa María)

  1. "Superficie". IGE. 27-01-2020. Arquivado dende o orixinal o 03-05-2021. Consultado o 26-04-2021. 
  2. Ares Vázquez, Nicandro (2011). Estudios de toponimia galega, tomo I. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-83-0. 

Véxase tamén

editar

Este artigo tan só é un bosquexo 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.