A Laxe, Paradela
parroquia civil do concello de Paradela
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Laxe.
Santiago da Laxe é unha parroquia do concello de Paradela na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 95 habitantes, deles 52 eran homes e 43 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006. En 2021 tiña 72 habitantes segundo o INE.
A Laxe | |
---|---|
Igrexa de A Laxe | |
Concello | Paradela[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°47′13″N 7°33′40″O / 42.7869, -7.5611 |
Poboación | 69 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editar- No lugar da Laxe está a igrexa con adro-cemiterio no arredor.
- En Moimentos hai un casarío que conserva gravada nun lintel a Cruz de Malta.
- En Castrelo hai unha capela.
- Preto de Castrelo existe un castro, do que procede o nome da aldea.
Lugares e parroquias
editarLugares da Laxe
editarLugares da parroquia da Laxe no concello de Paradela (Lugo) | |
---|---|
Castrelo | O Cotorelo | A Laxe | Marcadoiro | Moimentos | Moutras | A Pedreira | A Retorta | Sesmonde | Vilalvite |