[go: up one dir, main page]

Palacio de Versalles

palacio real en Versailles (Francia)

O palacio de Versalles ou castelo de Versalles (en francés: Château de Versailles) é un palacio real localizado na cidade de Versalles, unha aldea rural na época da súa construción, e hoxe en día un suburbio de París. A súa construción foi ordenada polo rei Lois XIV, e constitúe un dos complexos arquitectónicos monárquicos máis importantes de Europa. Con preto de 10 millóns de visitantes ao ano,[1] é tamén un dos sitios turísticos máis importantes de Francia.

Modelo:Xeografía políticaPalacio de Versalles
Château de Versailles (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
(2013)

Localización
Mapa
 48°48′17″N 2°07′13″L / 48.8047, 2.1203
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsIlla de Francia
DepartamentoYvelines
ComunaVersalles Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie67.000 m² Editar o valor en Wikidata
Medición600 (ancho) m
Datos históricos
FundadorLois XIII de Francia Editar o valor en Wikidata
Creación1661 Editar o valor en Wikidata
Monumento histórico clasificado
Data31 de outubro de 1906
IdentificadorPA00087673
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data?, Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii) e (vi) Editar o valor en Wikidata
Identificador83

Páxina weben.chateauversailles.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: chateauversailles Twitter: CVersailles Youtube: UC4wIrWebH5ljiEnYOXMYiZg BNE: XX118316 Editar o valor en Wikidata

A Corte de Versalles foi o centro do poder do Antigo Réxime en Francia dende 1682, cando Lois XIV se mudou de París, até que a familia Real foi forzada a volver á capital en 1789.

O conxunto do palacio e parque de Versalles, incluíndo o Gran Trianón e o Pequeno Trianón, foron declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1979.[2]

Historia e ampliacións

editar

Lois XIV deixou París e decidiu construír Versalles como unha pequena cidade lonxe dos problemas. Tería varias etapas construtivas, marcadas polas amantes de Lois XIV.

  • Primeira etapa (1661 - 1668): Sería un palacete de caza ao que se lle engadiron dúas ás laterais que, ao pecharse, conformaron a praza de armas. As fachadas son de ladrillo e unifica a cuberta usando tamén a lousa e as mansardas.
  • Segunda etapa (1668 - 1678): Lois XIV pretende trasladar definitivamente a corte a Versalles. Engádense as dúas ás laterais para dar prioridade visual ao xardín, realizado por André Le Nôtre. A fachada que dá ao xardín está construída seguindo o modelo italiano. Un primeiro andar de perpiaños almofadados. Un andar nobre de dobre altura con coxía retranqueada, xogando con entrantes e saíntes e alternando columnas e pilastras. Por último, un terceiro andar que sería o ático, rematado por unha serie de figuras escultóricas que case non deixan ver a caída da cuberta, a cal non é moi inclinada. Chegaron a vivir nel ata 20 000 persoas.
  • Terceira etapa (1678 - 1692): Nesta ampliación, realizada por Mansart, construíuse a capela real na á norte do palacio, a dobre altura e con acceso directo á cota cero dende o exterior, estando a Tribuna Real situada no andar principal, dende onde o rei e a súa familia asistían á misa.

Museo da historia de Francia

editar
 
Galería das Batallas, no Museo da Historia de Francia.

Foi creado no 1837 por Camille Bachasson, conde de Montalivet, por orde de Lois Filipe I.[3]

Cos seus 18 000 m² é o museo de historia máis grande do mundo. Contén unha colección de cadros reunidos ou encargados por Lois Filipe I e están organizados por series históricas. Para a súa exposición, algúns departamentos foron transformados en salas de museo.

O museo está situado nas ás, mentres que a parte central (a excepción do andar baixo), os Grandes Departamentos, as estancias privadas e os departamentos da familia real foron restaurados e poden verse tal como eran cando estaban ocupados polos reis.

Outros Versalles no mundo

editar

O conxunto é recoñecido a nivel mundial coma un dos palacios máis grandiosos e inspirou a outros gobernantes e magnates que aspiraban a ter o seu propio paraíso; hai por iso polo mundo moitas edificacións espectaculares que, ou ben seguiron o seu modelo, ou ben se apropiaron deste epíteto co propósito de atraer visitantes. Os máis coñecidos son:

En Galicia, o Pazo de Oca, malia non ser nunca a residencia de ningunha familia real, é coñecido como o Versalles galego, principalmente polos seus xardíns.[4]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar