[go: up one dir, main page]

Orto significa levantamento ou saída dun astro dende o plano horizontal leste. É resultado da rotación terrestre de oeste a leste, que fai que para o observador terrestre pareza que a estrela sae polo leste e se pon polo oeste. Polo tanto, o orto do Sol equivale ao amencer terrestre (existindo amenceres en cada corpo celeste que orbita unha estrela). No seu uso cotián amencer fai referencia ao período de tempo entre o clarear do día e a saída total do sol polo leste. Tecnicamente o orto prodúcese cando o limbo superior da esfera helíaca aparece tanxente ao horizonte leste local, e remata cando o limbo inferior da esfera helíaca aparece tanxente ao horizonte leste local.

Imaxe final do orto solar en Cua Lo, Vietnam.

Efectos da refracción atmosférica

editar
 
Diagrama do Sol ao amencer, mostrando os efectos da refracción atmosférica.

A refracción da luz solar ao chegar á atmosfera terrestre fai que chegue a luz cando o Sol aínda non se atopa no horizonte real, facendo que se vexa saír o sol, cando aínda está a 0,83º do horizonte real cando se ve saír pola mañá. Medido dende o mediodía local, o orto caracterízase polo ángulo horario -Φ, onde:

 

sendo λ a latitude do lugar, e δ a declinación solar. No ocaso acontece nun ángulo horario Φ.

Os termos alba (albor, alborada, pola cor branca da atmosfera) e aurora (do latín aurum 'ouro'; e hora,do latín horae = 'horas', a hora dourada); son fases do crepúsculo matutino (primeiro clarea, e despois dourase o ceo), e son tamén descricións verbais tradicionais do mesmo fenómeno físico xusto antes da saída do sol. Do mesmo xeito á fin do día, a refracción atmosférica alonga a duración do día ou o crepúsculo vespertino despois do solpor.

Orto helíaco

editar
 
Orto helíaco de Sirio

En astronomía o termo orto helíaco fai referencia ao orto de calquera estrela xusto antes do orto do propio sol e despois de ter desaparecido a estrela polo horizonte occidental uns seis meses antes, o que servía nas culturas antigas coma sistema de datación do ano sideral.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar