Club Atlético Osasuna
O Club Atlético Osasuna (en éuscaro Osasuna significa saúde ou vigor) é un club deportivo de España con sede en Pamplona, en Navarra. Ten seccións de natación e pelota vasca, pero a máis coñecida é a de fútbol, onde actualmente xoga na Primeira División.
Osasuna | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Atlético Osasuna | ||
Alcume(s) | Rojillos; Gorritxoak | ||
Fundación | 24 de outubro de 1920 | ||
Estadio | El Sadar, Pamplona | ||
Inauguración | 2 de setembro de 1967 | ||
Capacidade | 19.800 | ||
Presidente | Luis Sabalza | ||
Adestrador | Jagoba Arrasate | ||
Liga | Primeira División | ||
2019–20 | 10º | ||
Na rede | |||
http://www.osasuna.es/ | |||
| |||
É o club de fútbol máis importante de Navarra por palmarés e historia, cun total de 30 tempadas en Primeira División, 33 en Segunda e 12 en Terceira[1]. Historicamente, é o 16° mellor equipo de España[1][2]. Foi subcampión da Copa do Rei nunha ocasión, e participou nunha fase previa da Liga de Campións e en catro edicións da Copa da UEFA, competición na que acadou as semifinais en 2007. En decembro de 2006 foi nomeado club do mes do mundo pola IFFHS despois de catro vitorias consecutivas en Liga e outra na Copa da UEFA.[3]
É un dos catro únicos equipos profesionais de España, xunto con Athletic Club, FC Barcelona e Real Madrid, que non é unha sociedade anónima deportiva, de maneira que a propiedade do club recae nos seus socios.[4]
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón azul mariño, medias vermellas.
- Segundo equipamento: Camiseta azul, pantalón azul e medias azuis.
Estadio
editar- Artigo principal: Estadio El Sadar.
O Osasuna xoga os seus partidos como local no Estadio El Sadar, coñecido como Reyno de Navarra entre 2005 e 2011 por motivos publicitarios, que ten unha capacidade de 19.800 espectadores sentados. Foi inaugurado o 2 de setembro de 1967 e as súas dimensións son 105 m de longo e 67,5 m de ancho.
Datos do club
editar- Tempadas na 1ª: 34
- Tempadas na 2ª: 33
- Mellor posto na Segunda división española: 1º (52/53, 55/56 e 60/61)
- Tempadas na 2ªB: 0
- Tempadas na 3ª: 12
- Posto na clasificación histórica da Primeira División: 17º
- Máis partidos disputados (1ª División):
- Castañeda (349)
- Bustingorri (314)
- Patxi Puñal (264).
- Máis minutos (1ª División)
- Castañeda (30.090)
- Bustingorri (26.702)
- Pepín (21.829).
- Máis goles (1ª División)
- Sabino Andonegi (57)
- Jan Urban (45)
- Echeverría (36).
- Expulsado máis veces (1ª División): Rípodas (6), Echeverría (4), Moha (4).
- Maiores goleadas conseguidas (1ª División):
- Na casa: Osasuna 6-0 Betis (1936/1937)
- Fóra: Betis 0-5 Osasuna (2006/07)
- Maiores goleadas encaixadas (1ª División):
- Na casa: Osasuna 1-8 Athletic (1958/59)
- Fóra: R. Madrid 8-0 Osasuna (1958/59)
- 4 participacións na Copa da UEFA (85/86, 91/92, 05/06 e 06/07)
- 1 participación na Liga de Campións da UEFA (06/07)
- Mellor club do mundo do mes de decembro de 2006, segundo a IFFHS.
Xogadores
editarCadro actual
editarActualizado a 20 de febreiro de 2020.
|
|
- = Capitán.
- Os xogadores con dorsais a partir do 25 poden alternar o primeiro equipo co filial.
- Os equipos españois están limitados a ter no equipo un máximo de tres xogadores sen pasaporte da Unión Europea. A lista inclúe só a principal nacionalidade de cada xogador; algúns dos xogadores non europeos teñen dobre nacionalidade dalgún país da UE.
Palmarés
editarTorneos nacionais
editar- Subcampión da Copa do Rei (1): 2004−05
Outros torneos nacionais
editar- Segunda División (4): 1952−53, 1955−56, 1960−61, 2018−19
- Terceira División (4): 1968−69, 1971−72, 1974−75, 1976−77
Torneos amigábeis
editarOsasuna B
editar- Artigo principal: Club Atlético Osasuna B.
O Club Atlético Osasuna B é o equipo filial do club. Foi fundado en 1962 e xoga na Segunda división B española (Grupo III). Tamén se lle coñece como "Osasuna Promesas".
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Guía Marca da Liga 09 Datos do CA Osasuna. Diario Marca.
- ↑ Spanish Premier Division All-Time Table 1928-2008 (77 Leagues)
- ↑ "O Club do Mes do Mundo". IFFHS. 22 de outubro de 2013.
- ↑ "Madrid e Barça deben ser S.A.D para competir en igualdade". El Mundo. 6 de marzo de 2009. Consultado o 23 de setembro de 2010.