Tarxeta de crédito
Unha tarxeta de crédito é unha tarxeta de plástico cunha banda magnética, moitas veces acompañada por un microchip, e un número sobreimpreso que se emprega para facer pagos en todos os establecementos que aceptan o servizo,[1] sen ter que usar cartos e ata un determinado límite estabelecido pola tarxeta do banco emisor. Unha tarxeta de crédito é diferente dunha tarxeta de cargos, na que se require que o saldo sexa pagado na súa totalidade cada mes.[2]
Historia
editarA tarxeta de crédito foi a sucesora dunha variedade de esquemas de crédito de comerciantes. Foi empregada por vez primeira na década de 1920, nos Estados Unidos, para vender combustible a un certo número de propietarios de vehículos. En 1938, varias empresas comezaron a aceptar as tarxetas doutros.
O concepto de usar unha tarxeta para facer compras xurdiu en 1887, por Edward Bellamy e descríbeo na súa novela Looking Backward. Bellamy usa o termo explícito "Tarxeta de crédito" once veces na súa novela (Capítulos 9, 10, 11, 13, 25 e 26) e 3 veces (Capítulos 4, 8 e 19) na súa secuela, Equality.
Notas
editar- ↑ O'Sullivan, Arthur; Steven M. Sheffrin (2003). Economics: Principles in action. Upper Saddle River, New Jersey 07458: Pearson Prentice Hall. p. 261. ISBN 0-13-063085-3.
- ↑ Schneider, Gary (2010). Electronic Commerce. Cambridge: Course Technology. p. 497. ISBN 0-538-46924-2.