N-120
A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).
N-120 Estrada Logroño - Vigo | |
---|---|
Tipoloxía | Estrada convencional |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Lonxitude | 662 km |
Localización | |
Inicio | Logroño |
Fin | Vigo (Porto) |
Ten un percorrido de 662 km e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia. Une grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada (en Castela e León) e O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño (en Galicia).
Existen, amais, varias autovías ou autoestradas paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.
Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536, atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares.[1] Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.
Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.
Percorrido
editarTramo A Rioxa
editarLocalidade | Ligazóns/saídas | Estrada coa que liga |
---|---|---|
Logroño | Soria Pamplona Zaragoza Laguardia Lodosa Oyón Ribafrecha |
N-111 N-111 A-12 AP-68 LR-132 LR-131 A-2126 LR-250 |
Navarrete | cara a Fuenmayor Soria |
LR-137 |
Daroca de Rioja | LR-341 | |
Ventosa | LR-342 | |
Huércanos | LR-322 | |
Alesón | LR-428 | |
Huércanos | LR-427 | |
Tricio | LR-136 | |
Nájera | Salas de los Infantes - Uruñuela | LR-113 |
San Asensio | LR-208 | |
Hornilla | LR-313 | |
Briones | LR-315 | |
Azofra | LR-206 | |
Rodezno - Alesanco | LR-312 | |
Hervías | Bañares - Cirueña | LR-309 |
Santo Domingo de la Calzada | Haro( AP-68 ) - Ezcaray Herramélluri Cirueña Manzanares de Rioja Corporales |
LR-111 LR-201 LR-204 LR-325 LR-323 |
Grañón | Villalobar de Rioja - Villarta-Quintana | LR-308 |
Tramo Castela e León
editarTramo Galicia
editarNotas
editar- ↑ "La carretera Nacional 120 cumple veinte años de vida", artigo en El Progreso, 4 de febreiro de 2011 (en castelán).