[go: up one dir, main page]

Moldes, Boborás

parroquia civil do concello de Boborás

San Mamede de Moldes é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 180 habitantes (88 homes e 92 mulleres), a mesma cantidade que no ano anterior.

Moldes
Igrexa románica de Moldes.
ConcelloBoborás[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°24′53″N 8°07′50″O / 42.41476711, -8.13056799
Poboación162 hab. (2017)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

Nun pequeno outeiro está o castro de Moldes, aínda sen escavar, onde durante moitos anos se celebrou a feira do Castro, a cal foi indo a menos pola proximidade do Carballiño e a competencia das feiras celebradas alí. Sobre a súa croa érguese a igrexa de San Mamede de Moldes, de orixe románica e da orde do Temple[2][3]. No seu interior atópanse os restos do escritor Antón Losada Diéguez. Ao seu pé está o templo parroquial, de estilo barroco e no que dúas veces ao ano se celebra a festividade de San Bieito. A carón da igrexa nova está o campo da feira, a escola municipal e a casa de Manuel Chamoso Lamas. Preto de alí atópanse dous pazos: o pazo de Moldes (onde viviu Antón Losada Diéguez) e o seu carón un pazo recentemente restaurado (pazo dos Tizón) onde se atopa a Adega Extramundi, de viño do Ribeiro.

Moldes ten máis mostras do seu pasado como as ruínas do castelo de Castro Cavadoso (derruído na Idade Media na revolta dos Irmandiños) e ao seu carón a ponte medieval do mesmo nome que permite cruzar o río Arenteiro. Na beira do río consérvanse restos dun muíño de auga, que aínda se utilizaba nos anos 40 e 50. Tamén, no lugar de Paradela, no que en aparencia é unha bodega, atópase unha antiga capela.

Galería de imaxes

editar
Artigo principal: Galería de imaxes de Boborás.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Moldes

editar
Lugares da parroquia de Moldes no concello ourensán de Boborás

A Groba | Laxa | Miandreiras | Moldes | Nonás | Paradela | Ponterriza | O Porto do Carro | Valiñas | Xesteira

Parroquias de Boborás

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Boborás

Albarellos (San Miguel) | Astureses (San Xulián) | Brués (San Fiz) | Cameixa (San Martiño) | Cardelle (San Silvestre) | Feás (Santo Antón) | Laxas (San Xoán) | Moldes (San Mamede) | Moreiras (Santa Mariña) | Pazos de Arenteiro (San Salvador) | O Regueiro (San Pedro) | Xendive (San Mamede) | Xurenzás (San Pedro) | Xuvencos (Santa María)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar