Moción de censura
mecanismo democrático
Nos países que adoptan o sistema parlamentarista de goberno, a moción de censura é unha proposta parlamentaria presentada pola oposición, normalmente perante un episodio de crise política que tivese provocado a perda do apoio parlamentario maioritario á acción do goberno, coa fin de derrotar ou contrarrestar a este. A moción é aprobada ou rexeitada mediante votación.
Diferéncianse dous tipos de moción de censura:
- A moción de censura destrutiva, que procura a caída do Presidente do Goberno ou Primeiro Ministro, sen ter forma algunha de substituílo e cubrir dese xeito o baleiro de poder.
- A moción de censura construtiva, na que o grupo parlamentario que eleva ao Parlamento a moción de censura propón á súa vez un novo Primeiro Ministro ou Presidente do Goberno.
No sistema parlamentario do Estado español, a moción de censura vén recollida nos artigos 113 e 114.2 da Constitución española e nos artigos 175 a 179 do Regulamento do Congreso dos Deputados.[1]
Non debe ser confundida coa moción de confianza.
Notas
editar- ↑ Congreso.es (ed.). "Capítulo terceiro: da moción de censura.". Consultado o 31 de xullo de 2014.