[go: up one dir, main page]

Mars Global Surveyor

Mars Global Surveyor ou MGS foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 7 de novembro de 1996 mediante un foguete Delta 7925 desde Cabo Cañaveral para estudar Marte.[1][2][3]

Mars Global Surveyor / MGS
Representación de MGS en Marte.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualFóra de servizo.[1][2][3]
Data de lanzamento7 de novembro de 1996, 17:00 GMT[1][4][5][6]
Foguete portadorDelta 7925[1][3]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[1][2]
Obxectivo da misiónEstudo de Marte.[1][2]
NSSDC ID1996-062A
Masa1035,0 kg[1]
Potencia980,0 W[1]

Características

editar

Mars Global Surveyor foi enviada a Marte para estudar a morfoloxía da súa superficie, a súa topografía, composición e gravidade, a dinámica atmosférica e os seus campos magnéticos. A nave, estabilizada nos tres eixos, tiña forma de caixa de 1,17 x 1,17 x 1,70 m con dúas partes: o módulo de equipamento, coa instrumentación e os sistemas de control, e o módulo de propulsión, co motor. A alimentación eléctrica era proporcionada por dous paneis solares, cada un cunhas dimensións de 3,5 x 1,9 m e producindo en total ata 980 W de potencia que podían almacenarse en dúas baterías de hidruro de níquel cunha capacidade de 20 amperio-hora. . As comunicacións principais tiñan lugar mediante unha antena parabólica de 1,5 m de diámetro situada no extremo dun mastro de 2 m de lonxitude, transmitindo en banda X e recibindo en banda X e banda Ka.[1][2][3]

MGS levaba a bordo unha cámara, un espectrómetro para emisións térmicas, un altímetro láser e un retransmisor de radio. Ademais levaba un magnetómetro e un reflectómetro de electróns nos extremos de cada panel solar, e un oscilador ultraestable para seguimento e medicións gravitatorias. O subsistema de xestión de datos levábase a cabo cun procesador 8086 mentres que xestión de control xeral estaba a cargo de varios procesadores 1750A. O almacenamento consistía en catro grabadoras de estado sólido de 750 MB de capacidade cada unha.[1][2][3]

Desenvolvemento da misión

editar

MGS foi lanzada o 7 de novembro de 1996 e despois de 10 meses de fase de cruceiro chegou a Marte, onde entrou nunha órbita provisional elíptica o 12 de setembro de 1997. Durante os catro meses seguintes a nave foi reducindo a súa órbita mediante a técnica do aerofreado, rozando as capas superiores da atmosfera marciana para reducir a súa velocidade, aforrando propelente no proceso. Así e todo, debido a un problema nun dos paneis, a fase de aerofreado alongouse debido á necesidade de non someter á nave a tanta presión. A órbita científica final acadouse en febreiro de 1999, cunha altura de 378 km e un período de 118 minutos. A misión primaria durou un ano marciano (687 días terrestres), ata xaneiro de 2001, ampliándose varias veces ata que e perdeu o contacto coa sonda o 2 de novembro de 2006.[1]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 NASA (14 de maio de 2020). "Mars Global Surveyor" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Mark Wade (2020). "Mars Global Surveyor" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Mars Global Surveyor (MGS)" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2020. 
  4. N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "MGS" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2020. 
  5. "Note verbale dated 30 June 1997 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (97-25680T). 31 de xullo de 1997: 58. Consultado o 6 de setembro de 2020. 
  6. Claude Lafleur (2020). "MGS / Mars Global Surveyor" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2020. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar