[go: up one dir, main page]

Catón o Vello

(Redirección desde «Marco Porcio Catón»)

Catón foi un político e escritor romano, nado no ano 234 a.C. en Túsculo e morto en Roma, cidade na cal viviu a maior parte da súa vida, no ano 149 a. C. O seu nome completo é Marco Porcio Catón (Marcus Porcius Cato), e é coñecido como Catón O Vello e Catón O Censor.

Modelo:BiografíaCatón o Vello

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Marcus Porcius Cato Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 234 a. C. Editar o valor en Wikidata
Tusculum, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte149 a. C. Editar o valor en Wikidata (84/85 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Senador romano
valor descoñecido – valor descoñecido
Cónsul romano
195 a. C. – 195 a. C.
Xunto con: Lúcio Valério Flaco (pt) Traducir
Cuestor
Pretor
Censor romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, filósofo, orador, historiador, político da Roma antiga, economista, poeta, Historiador da Antiga Roma, soldado Editar o valor en Wikidata
Período de tempoMedia República Romana Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioCensorius Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarlegatus legionis (en) Traducir
Tribuno militar Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaPorcii Catones (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLicinia
Salonia Editar o valor en Wikidata
FillosMarco Pórcio Catão Saloniano, o Velho
 () Salonia
Marco Pórcio Catão Liciniano
 () Licinia Editar o valor en Wikidata
Paisvalor descoñecido Editar o valor en Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
ParentesMarco Pórcio Catão Uticense, descendente
Caio Porcio Catón, son's son Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteVidas paralelas
Dictionary of African Biography,
Biblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1068238 Discogs: 6196949 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Durante a súa xuventude dedicouse á agricultura, mais despois decidiu dedicarse á avogacía, o cal conseguiu grazas a un vello patricio que se estableceu preto das terras que cultivaba e que o animou.

Marchou a Roma e alí logrou a fama grazas ó seu bo facer como avogado. Acadou méritos suficientes para ser nomeado edil ós trinta anos.

O ano seguinte foi nomeado pretor e tres anos despois, cónsul. A situación da Península Ibérica, acabada de conquistar durante a segunda guerra púnica era moi inestable, así que Catón decidiu dirixir unha expedición de castigo contra os rebeldes nativos. O seu exército desembarcou en Rhode (a actual Roses, en Xirona). Despois dirixiuse a Emporion (a actual Empúries). Tras intentar os rebeldes negociar con Catón, este decidiu non escoitar as súas propostas e acabar con eles para evitar futuros levantamentos. O seu exército venceunos preto de Emporion e Catón volveu a Roma, pronunciando a frase "A guerra alimentarase de si mesma".

Volveu pouco despois á Península Ibérica, esta vez para acabar cun levantamento dos turdetanos, unha tribo celtibera, ós cales convenceu para que retornasen ás súas terras.

Tras anos de promover a destrución de Cartago coa oposición da familia dos Escipións, que crían que a destrución dun inimigo real faría ós romanos despreocuparse e entrar en decadencia, morreu en Roma no ano 149 antes de Cristo. Paradoxalmente, o xeneral que dirixiu o exército romano e destruíu Cartago foi Escipión Emiliano (fillo adoptivo de Escipión O Africano).

A obra literaria de Catón

editar

A súa obra literaria é moi extensa, mais tan só se conservan fragmentos das súas obras "Discursos" e "Orixes" e unha obra completa: "De agri cultura". Foi o primeiro en escribir en latín, como mostra do seu odio ós gregos. Por isto foi considerado o pai das letras latinas.

 
Rustici latini volgarizzati, 1794
  • Origines ("Orixes").
  • De agri cultura.
  • Orationes ("Discursos").
  • De re militari.
  • De lege ad pontifices auguresque spectanti.
  • Praecepta ad filium.
  • Historia Romana litteris magnis conscripta.
  • Carmen de moribus.
  • Apophthegmata.

Catón, inimigo de Cartago e doutras cousas

editar

A súa máis famosa frase foi Delenda est Carthago, "Cartago debe ser destruída". Esta cidade era considerada por el un inimigo que podía volver a rexurdir. Comezou a ter medo ó rexurdimento cartaxinés tras unha viaxe a esta cidade, que lle pareceu demasiado esplendorosa como para aceptar seguir estando por debaixo de Roma. Para convencer ós políticos romanos para acabar con esta cidade, acababa os seus discursos coa frase. Morreu cando as tropas romanas marchaban cara Cartago, nos inicios da terceira guerra púnica.

Catón loitou tamén contra os valores gregos, contra a corrupción de Roma (non en van logrou fama de incorruptible), e contra o ascendente poder das mulleres, pois consideraba que acabarían usurpando o poder ós homes.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Astin, A. E. (1978), Cato the Censor, Oxford: Clarendon Press
  • Dalby, Andrew (1998), Cato: On Farming, Totnes: Prospect Books, ISBN 0-907325-80-7
  • Goujard, R. (1975), Caton: De l'agriculture, París: Les Belles Lettres

Outros artigos

editar


Predecesor:
Marco Claudio Marcelo e
Lucio Furio Purpureo
 
Cónsul da República Romana
xunto con Lucio valerio Flaco

195 a. C.
Sucesor:
Publio Cornelio Escipión o Africano e
Tiberio Sempronio Longo II