[go: up one dir, main page]

Linguas da Unión Europea

(Redirección desde «Linguas oficiais da Unión Europea»)

As linguas oficiais da Unión Europea son aquelas linguas faladas nos Estados membros da Unión Europea. Inclúense as 24 linguas oficiais de dito organismo xunto con algunhas que, xeralmente, son cooficiais nalgunhas rexións dos Estados membros.

Bandeira da Unión Europea.

A política da UE tenta incentivar ós cidadáns europeos para que sexan multilingües, en especial a ser fluíntes en, polo menos, dúas linguas estranxeiras, non soamente para facilitar a comunicación, senón, para desenvolver a tolerancia e respecto para coa diversidade cultural. Neste senso hai varios programas postos en marcha. O contido dos sistemas educativos, entre tanto, permanece baixo o criterio de cada estado. Pode obterse máis información en Política Lingüística.

As decisións tomadas polas institucións son traducidas en tódalas linguas oficiais. Os cidadáns poden contactar en calquera delas e solicitar resposta na lingua que elixa. Nas reunións da cúpula, é necesaria a tradución conforme a necesidade. Para as sesións do Parlamento Europeo e do Consello da Unión Europea a tradución e simultánea.

Linguas oficiais

editar

As linguas oficiais da Unión Europea aparecen reflectidas no Regulamento 1 de 1958 do Consello da CEE. Coas correspondentes modificacións posteriores [1][Ligazón morta], as linguas oficias son:

inglés · alemán · castelán · croata · dinamarqués · eslovaco · esloveno · estoniano · finés · francés · grego · húngaro · italiano · letón · lituano · maltés · neerlandés · polaco · portugués · sueco · checo · búlgaro· gaélico irlandés · romanés.

A proporción da poboación da UE que fala as principais linguas oficiais, como linguas materna e non materna, é:

Lingua Poboación da UE que a fala
como lingua materna como lingua non materna Total
Alemán 18% 12% 30%
Inglés 13% 34% 47%
Italiano 13% 2% 15%
Francés 12% 11% 23%
Castelán 9% 5% 14%
Polaco 9% 1% 10%
Neerlandés 5% 1% 6%
Grego 2% 0% 2%
Portugués 2% 0% 2%
Sueco 2% 1% 3%
Dinamarqués 1% 1% 2%
Finés 1% 0% 1%

(Font: [2])

Algunhas das linguas son oficiais en diversos estados membros. En total son 28 estados membros e 23 linguas oficiais.

Linguas de traballo

editar
 
Nivel de coñecemento do inglés nos distintos estados da Unión Europea e nos estados candidatos
 
Nivel de coñecemento do alemán nos distintos estados da Unión Europea e nos estados candidatos
 
Nivel de coñecemento do francés nos distintos estados da Unión Europea e nos estados candidatos
 
Nivel de coñecemento do italiano nos distintos estados da Unión Europea e nos estados candidatos

O réxime lingüístico prevén, no artigo 6 [3][Ligazón morta], que cada institución da Unión regulará a modalidade de emprego nos seus regulamentos internos. Por razóns prácticas a meirande parte das institucións empregan nas súas sesións internas de traballo tres linguas principais:

  • O inglés é a lingua oficial de dous estados membros: Irlanda e Malta. Na Unión Europea é a lingua máis empregada como segunda lingua
  • O francés é a lingua oficial de tres estados membros fundadores da Comunidade Europea: Francia, Bélxica e Luxemburgo. As sucesivas ampliacións da Unión fixeron que perdese poder, pese a isto a lingua conserva unha influencia internacional debido a razóns históricas e políticas.
  • O alemán é a lingua oficial da Alemaña, Austria, Bélxica, Luxemburgo e o Tirol do Sur. É a lingua materna maioritaria na Unión Europea, e a segunda como segunda lingua.

Tras estas linguas lle seguen de lonxe o italiano, o polaco e o castelán.

O coñecemento das tres linguas principais, como segunda lingua, é o seguinte:

Estado Inglés Alemán Francés
Alemaña 51% 7% 12%
Austria 53% n/d 11%
Bélxica 52% 25% 44%
Bulgaria 15% n/d n/d
Chipre 71% 3% 11%
Croacia 43% 33% n/d
Dinamarca 83% 54% n/d
Eslovaquia n/d 28% n/d
Eslovenia 56% 45% n/d
España 20% n/d 8%
Estonia 41% 18% n/d
Finlandia 60% 17% n/d
Francia 34% 7% n/d
Grecia 44% 8% 8%
Hungría 16% 16% n/d
Irlanda 6% n/a 19%
Italia 29% 4% 11%
Letonia 34% n/d n/d
Lituania 26% n/d n/d
Luxemburgo 66% 84% 90%
Malta 89% n/d 17%
Países Baixos 87% 66% 24%
Polonia 25% 19% n/d
Portugal 26% n/d 20%
República Checa 24% 31% n/d
Romanía 26% n/d 17%
Suecia 85% 28% 10%
Estados candidatos:
Turquía 18% 4% n/d

Font: [4])

Nas linguas que aparece (n/d) significa que a lingua seleccionada non está entre as tres máis faladas.

Linguas de emprego na administración

editar

O Consello da Unión Europea, celebrado no Luxemburgo o 13 de xuño do 2005, adoptou un acordo que lle dá ás linguas cooficiais nos estados membros certo recoñecemento nas institucións da Unión([5]). O emprego das linguas queda regulado por un acordo administrativo entre o estado membro e as institucións europeas. Este acordo permite o emprego das linguas aínda que as limita ás:

  • Traducións oficiais dos actos do Parlamento Europeo e do Consello.
  • Traducións dos parlamentarios a tódalas linguas da unión.
  • Comunicacións escritas ás institucións da Unión e a correspondente resposta.

O 16 de novembro do 2005, o presidente do Comité das Rexións, Peter Straub, asinou un acordo no que por primeira vez permite o emprego do galego, do vasco, e do catalán nunha institución da Unión.([6]).

Linguas rexionais e minoritarias

editar

As linguas rexionais e minoritarias aparecen definidas na "Carta europea das linguas rexionais e minoritarias", tratado internacional asinado pola maioría dos estados da UE, como as linguas propias tradicionalmente empregadas pola poboación dun territorio cuxo número de falantes é menor que a lingua hexemónica do estado.([7]).

Nesta definición inclúense [8]:

O galego na Unión Europea

editar

O galego é dende finais de 2005 lingua presente nas institucións europeas. O seu uso xa é oficialmente un feito no Comité de Rexións. O Parlamento Europeo aprobou a utilización das linguas cooficiais de España, entre elas o galego, nas comunicacións dos cidadáns co Parlamento Europeo. Os acordos tamén permiten o uso do galego no Consello de ministros da Unión Europea e na Comisión Europea. Os cidadáns e cidadás que desexen dirixirse en galego ao Defensor do Pobo europeo tamén o poden facer, en virtude da entrada en vigor dun convenio entre España e este organismo comunitario. A introdución do galego na Unión Europea é un recoñecemento ao plurilingüismo natural dos países que a integran. O certo é que algunhas das linguas cooficiais dos estados ou linguas minoritarias contan cun número de falantes maior ca outras oficiais, e mesmo cun status semellante dentro dos seus territorios. A Constitución española de 1978 recoñece a cooficialidade das linguas do Estado.

Os cidadáns e as cidadás de Galicia que se dirixan aos órganos europeos que os representan poden usar tamén o galego para esas comunicacións e teñen dereito a recibir contestación nesta lingua.

Eurodiputados gallegos como José Posada, Camilio Nogueira ou Ana Miranda utilizaron o galego reintegracionista no Parlamento Europeo, sendo traducidos por tradutores de portugués.[1][2]

  1. "Morre José Posada, o primeiro en usar o galego no Parlamento europeo". Praza Pública. 2013-01-14. Consultado o 2023-03-04. 
  2. Redacción (2016-11-14). ""Camilo representa todo aquilo no que se pode confiar"". Nós Televisión. Consultado o 2023-03-04. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar