Lingua akan
O akan[4] é unha lingua, ou un conxunto de dialectos relacionados entre si, do grupo kwa que se fala en Ghana, foi a lingua do imperio Ashanti.[5]
Akan | ||
---|---|---|
Falado en: | Ghana, Costa do Marfil (Abron), Benín (Tchumbuli) | |
Total de falantes: | 11 millóns (2007)[1] 1 050 000 (Segunda lingua en Ghana)[2] | |
Posición: | 78 | |
Familia: | Atlántico-congolés Kwa Potou-tano Tano Tano central Akan | |
Escrita: | Latino (alfabeto twi e fante) | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Ningún. O goberno promociona a lingua en Ghana | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ak
| |
ISO 639-2: | aka | |
ISO 639-3: | ambos:fat — Fantetwi — Twi
| |
Mapa | ||
Status | ||
Distribución xeográfica
editarO fante fálase na costa ao oeste de Accra, o akuapem é a lingua dos montes ao norte de Accra e o asante fálase no oeste de Ghana.
Dialectos
editarOs dialectos literarios do akan son:
Dialectos non literarios
- Agona
- Ahafo
- Akyem Bosome
- Asen
- Dankyira
- Kwawu
O abrong de Costa do Marfil podería incluírse entre os dialectos akan, pero carece de forma escrita e hai a tendencia a consideralo unha lingua independente. O asante e o akuapem forman o twi.
Usos sociais
editarAs primeiras en dar forma escrita ao akan foron os europeos que se achegaron ás costas de Ghana, en 1673 fíxose un glosario de asante que se publicou en alemán e en 1764 realizouse unha gramática de asante que se publicou en danés, ou o dicionario Johann Gottlieb Christaller en akuapem de 1881.
Os primeiros misioneiros que se asentaron en Ghana escolleron o akuapem para publicaren gramáticas, dicionarios e literarura relixiosa, estas obras esparexéronse polo territorio asante, converténdose a escrita akuapem na utilizada no seu territorio ata os anos 1960 cando se desenvolveu a ortografía asante.[6]
Cada dialecto ten a súa propia forma escrita, aínda que o Bureau of Ghanian languages unificou as ortografías akan en 1981 pero non chegou a implementarse, de feito só se publicou un libro [7] con esa ortografía, o libro de himnos Kristofoɔ Ndwom Nwoma. O akan é unha lingua promovida polo goberno ghanés, é a lingua de ensino nos primeiros tres niveis de ensino no seu territorio tradicional, ademais fóra del funciona como lingua vehicular e é materia de ensino en todo o país.
Hai publicacións periódicas, emisoras de radio, un programa semanal na televisión e unha certa literatura, sobre todo teatro e relatos tradicionais.
Notas
editar- ↑ Nationalencyklopedin "Världens 100 största språk 2007" The World's 100 Largest Languages in 2007
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2015. Consultado o 27 de xaneiro de 2015.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "Entrada akan en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2017. Consultado o 07 de abril de 2017.
- ↑ Andrew Dalby, Dictionary of Languages. Bloomsbury, 1998, páxina 9
- ↑ Mary Esther Kropp Dakub Korle Meets the Sea: A Sociolinguistic History of Accra. Oxford University Press, 1997, páxina 125
- ↑ Andrew Simpson Language and National Identity in Africa. Oxford University Press, 2008, páxina 152
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua akan |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- O akan no Ethnologue
- Bibliografía sobre o akan
- Curso básico de akan Arquivado 17 de xuño de 2021 en Wayback Machine.