Lexión romana
A lexión romana (do latín legio, "leva") era a división fundamental do exército romano e cada lexión estaba formada por 5.200 soldados de infantaría e 300 équites (cabalaría) no período da República Romana (509 a.C.–27 a.C.) e 5.600 infantes e 200 auxilia no período do Imperio Romano (27 a.C. – 476 d.C.). As lexións tiñan un nome e un número e coñécense unhas 50. Habitualmente había 28 lexións máis as auxiliares.
Tamaño
editarO tamaño dunha lexión típica variou ao longo da historia da Roma antiga, con complementos que oscilaban entre os 4.200 lexionarios e os 300 équites (extraídos das clases máis adiñeiradas, no inicio de Roma todas as tropas proporcionaban o seu propio equipo) na época da República anterior as Reformas de Mario,[1] ata 5.500 no período Imperial.
Unha lexión tiña 4.800 lexionarios (en 10 cohortes de 6 centúrias de 80 lexionarios) desde a república tardía ata a época de Xulio César. Ampliouse a 5.280 homes máis 120 auxiliares no período imperial (dividido en 10 cohortes, nove de 480 homes cada unha, tendo a primeira cohorte dobre forza con 960 homes). Estas son as forzas de campo típicas mentres que a "forza do papel" foi lixeiramente maior (por exemplo, 600 e 1.200 respectivamente para as cohortes imperiais).
No inicio da monarquía romana o termo "lexión" puido significar todo o exército romano, pero as fontes deste período son poucas e pouco fiables.[2] A organización posterior das lexións variou moito ao longo do tempo, pero as lexións estaban compostas normalmente por uns cinco mil soldados. Durante gran parte da época republicana, unha lexión dividiuse en tres liñas, cada unha de dez manípulos. A finais da República e gran parte do período imperial (a partir do ano 100 a.C.), unha lexión dividiuse en dez cohortes, cada unha de seis (ou cinco) centurias. As lexións tamén incluían unha pequena ala, ou unidade de cabalaría. No século III d.C., a lexión era unha unidade moito máis pequena duns 1.000 a 1.500 homes, e había máis. No século IV d.C., as lexións de garda de fronteiras do exército romano oriental (limitanei) puideron facerse aínda máis pequenas. En termos de organización e función, a lexión da era republicana puido estar influenciada pola antiga falanxe grega e macedonia.[3]
Función e constitución
editarDurante a maior parte do período imperial romano, as lexións formaron a infantaría pesada de elite do exército romano, recrutada exclusivamente entre cidadáns romanos, mentres que o resto do exército estaba formado por tropas auxiliares romanas (auxilia), que proporcionaban infantaría adicional e a gran maioría da cabalaría romana. (Os provincianos que aspiraban á cidadanía romana conseguíana cando se licenciaban honorablemente das tropas auxiliares). O exército romano, durante a maior parte do período imperial, estaba composto principalmente por auxilias no canto de lexións.[4]
Lonxevidade
editarMoitas das lexións fundadas antes do 40 a.C. aínda seguiron activas ata polo menos o século V, en particular a Legio V Macedonica, fundada por Augusto no 43 a.C. e estivo en Exipto no século VII durante a Conquista islámica de Exipto.
Por outra banda, Legio XVII ("Décimo sétima Lexión"), Legio XVIII ("Décimo oitava Lexión") e Legio XIX ("Décimo novena Lexión"), fundadas por Augusto arredor do 41 a.C.,[5][6][7] foron destruídas por unha alianza xermánica dirixida por Arminio na Desastre de Varian (9 de setembro do ano 9 d. C.) e xa nunca máis foron reconstruídas polos romanos.[8]
Quintili Vare, legiones redde! (Quintilius Varus, devólveme as miñas lexións!)[9]
Historia
editarDos 5000 homes da lexión, cerca de 300 proviñan de cidades ou estados vasalos, e facían o papel de auxiliares de infantaría ou cabalaría. O compoñente principal da lexión era a infantaría pesada, formada por soldados armados con pillum e gladius e protexidos por unha loriga segmentata e un escudo rectangular convexo. Alén, é claro, dun casco, sendo o máis utilizado no período imperial o modelo imperial gálico.
Unha Lexión dividíase en dez cohortes de 500 ou 600 homes, comandada cada unha por un tribuno. As cohortes constaban de seis centurias (divisións con 100 lexionarios), comandadas polos centurións. Por outra parte, cada cohorte constaba de tres manípulos de douscentos homes (dúas centurias). As centurias tiñan dez decurias, cun decurión á fronte de cada unha. Ademais, cada lexión contaba con trescentos xinetes, seleccionados de entre os patricios. As lexións estaban comandadas por seis tribunos que recibían as ordes do cónsul.
Durante a República e certos períodos do Imperio Romano, non había un exército romano propiamente dito. Cada xeneral ou alto maxistrado posuía unha ou máis lexións que lle eran fieis e obedecían antes as súas ordes do que as dun comandante xeral. Durante a República, cada cónsul era responsábel das súas propias lexións, debendo tamén comandalas. Das catro lexións que tiña o exército romano a fins da República e comezos do Imperio (que podían aumentar en casos especiais) pasouse a 28 cara ao ano 69 d.C., cun total aproximado de 168.000 infantes e 8.400 xinetes. En tempos de Marco Aurelio, coa máxima expansión do Imperio, o exército chegou ás 40 lexións, con case 250.000 efectivos. No século III, as tropas de cabalaría comezaban a substituír a estrutura militar das lexións.
Localización das lexións
editarA finais do século I, as lexións e a súa localización eran as seguintes:
- Lexión II Augusta en Gloucester (Inglaterra)
- Lexión IX Hispana en Lincoln (Inglaterra);
- Lexión XX Valeria Victrix preto de Shrewsbury (Inglaterra)
- Lexións V Alaudae e XV Primigenia en Xanten (Alemaña);
- Lexión XVI Gallica en Neuss (Alemaña)
- Lexión I Germanica en Bonn (Alemaña)
- Lexións IV Macedonia e XXII Primigenia en Maguncia (Alemaña)
- Lexión XXI Rapax en Windisch (Austria)
- Lexión X Gemina preto de Bratislava (Eslovaquia)
- Lexión XIII Gemina preto de Budapest (Hungría)
- Lexións XI Claudia, VIII Augusta, III Gallica e VII Claudia na ribeira sur do Danubio
- Lexións IV Scythica, XII Fulminata e VI Ferrata preto de Antioquía (Siria)
- Lexións V Macedonica, X Fretensis e XV Apollinaris, en Xudea
- Lexións III Cyrenaica e XXII Deiotariana en Alexandría (Exipto)
- Lexión III Augusta preto da fronteira entre Tunisia e Alxeria
- Lexión VI Victrix en España
- Lexión I Italica en Italia
- Lexión XIV Gemina en Lión (Francia).
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Lexión romana |
Ligazóns externas
editar- ↑ "Organization of the Roman Army: Manipular legion Organization of Legion". Penn State. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2023. Consultado o 2023-03-03.
Each of these three lines contained five manipuli of 120 hastati, 120 principes, and sixty triarii
- ↑ Cornell, T. J. (1995): The Beginnings of Rome
- ↑ Manousos Kambouris, Spyros Bakas (2016). "Greco-Macedonian influences in the manipular Legion system". Archaeology and Science. 11 2015: 145–154.
- ↑ Data in: Goldsworthy, Adrian (2003). Complete Roman Army. pp. 95–95; Holder, Paul (1980). Studies in the Auxilia of the Roman Army. pp. 86–96; Elton, Hugh (1996). Frontiers of the Roman empire. pp 123. See table in article "Auxiliaries (Roman military)" for compilation of this data.
- ↑ Adkins, Lesley; Adkins, Roy A (2004). Handbook to life in ancient Rome (2 ed.). p. 270. ISBN 0816050260. Parámetro descoñecido
|url-access=
ignorado (Axuda) - ↑ Boyne, William (1968). A manual of Roman coins. p. 13.
- ↑ Authors, Several (2015). History of The Roman Legions: History of Rome (en inglés). Self-Publish.
- ↑ Watson, G. R. (1969). The Roman Soldier. Thames and Hudson. p. 121.
- ↑ Dito atribuído ao emperador Augusto, segundo o historiador romano Suetonio en Os doce Césares.