Lestón, A Laracha
San Martiño de Lestón é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 1.290 habitantes (657 mulleres e 633 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.169 habitantes. En 2004 tiña 1.187 habitantes (600 mulleres e 587 homes).
Lestón | |
---|---|
Vista de Paiosaco, o lugar máis poboado da parroquia. | |
Concello | A Laracha[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°15′07″N 8°33′56″O / 43.252, -8.56561111 |
Área | 4,25 km² |
Poboación | 1.290 hab. (2018) |
Densidade | 303,53 hab./km² |
Entidades de poboación | 16[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarNa parroquia están o castro de Lestón e o castro de Erboedo.
Feiras
editarDestaca a Feira de Paiosaco, na que se comercializa un variado abano de produtos agrícolas, cárnicos, téxtiles, pan... e os famosos queixos do país.
Lugares e parroquias
editarLugares de Lestón
editarLugares da parroquia de Lestón no concello da Laracha (A Coruña) | |
---|---|
A Agrela | O Aguiúncho | A Barreira | A Cachada | O Castro | Centulle | O Cruceiro | Fofelle | A Ganduma | O Igrexario | Lestón | O Mesón | Paiosaco | A Porta Santa | As Rañeiras | A Torre |