[go: up one dir, main page]

Xaria

lei islámica
(Redirección desde «Lei islámica»)

A xaria[1][2] ou xariá[3] é a lei islámica. Nesta definición o concepto de lei abrangue unha idea moito máis ampla que no mundo occidental moderno, xa que implica non só aspectos legais, senón tamén relixiosos e morais.

A Xaria e o Corán

editar

O Corán é a máis importante fonte da xurisprudencia islámica (fiqh), seguida da Sunna (vida e camiños do profeta). Non é posíbel practicar o islam sen consultar ambos.

Relacionada coa Sunna está a Ahadith. Son narracións acerca da vida do profeta ou o que el aprobaba, mentres que a Sunna é propiamente a súa vida. O ixma, o consenso da comunidade, tamén se acepta como unha fonte menor. O Qiyas, o raciocinio por analoxía, foi usado polos estudosos da lei/relixión islámica (Muxtahidun) en situacións en que as fontes sagradas non establecen regras concretas. As prácticas chamadas Charía teñen tamén algunhas raíces nos costumes locais ou Al-urf.

A xurisprudencia islámica está dividida en dúas partes:

  • O estudo das fontes e a metodoloxía (usul al-fiqh, as raíces da lei)
  • As regras prácticas (furu' al-fiqh, os ramos da lei).

Ámbitos regulados pola Xaria

editar

Leis de alimentación

editar

Os musulmáns só poden comer carne sacrificada en nome de Deus e que corresponde a requirimentos dietéticos estritos. Esta é chamada carne pura ou halal. A lei islámica prohibe comer carne de porco, macaco, can, gato, calquera carnívoro e outros tipos de animais por seren haram (prohibidos).

Para que a carne sexa considerada halal, ten de proceder dun dos animais aptos, que debe ser abatido por un musulmán. Dito animal non pode ser sacrificado por medios crueis ou prolongados, senón polo corte da vea xugular, o que produce a inconsciencia inmediata. Algúns teólogos musulmáns determinaron que o animal tamén pode ser abatido por un xudeu que respecte as regras alimenticias. Así, algúns musulmáns aceptan a carne kosher (preparada de acordo coa lei xudaica) como halal.

O papel da muller no islam

editar

O islam non prohibe traballar ás mulleres, mais pon énfase na importancia da muller en ter conta da casa e da familia. En teoría, a lei islámica permite que unha esposa se divorcie ao dicir "eu divórciome" tres veces en público. Na práctica, o divorcio é máis complicado que iso.

Normalmente, a muller divorciada fica co dote de cando casou, se é que houbo algún, e recibe un subsidio ata á idade da desteta, momento en que o neno pode retornar ao seu pai se for considerado mellor.

As mulleres non poden ser sacerdotisas ou sabias relixiosas. Moitas interpretacións da lei islámica sustentan que as mulleres non poden ter empregos importantes, e por iso prohíbese que traballen no goberno. Esta visión ten sido corrente ata hoxe.

En moitos países musulmáns, as mulleres teñen un estatuto legal inferior ao dos homes. En Arabia Saudita, por exemplo, non están autorizadas a conducir automóbiles.

Código de vestimenta

editar

O Corán tamén esixe un código de vestimenta aos seus seguidores. Para as mulleres, o islam recomenda a modestia sen obrigar a cubrir ningunha parte; os homes teñen un código de vestimenta máis relaxado. Os cadrís débense cubrir desde o xeonllo ata a cintura. A lóxica que se deriva destas regras é que os homes e as mulleres non deben ser vistos como obxectos sexuais.

Na práctica, porén, en moitos países islámicos son os homes os que ditan aquilo que ás mulleres se lles permite usar. A violación destas regras nalgunhas nacións musulmás pódese castigar legalmente.

Algunhas mulleres islámicas son vistas como oprimidas polos homes por causa destes códigos de vestimenta. Mais algunhas mulleres prefiren este código por motivos relixiosos.

Violencia doméstica

editar

Moitos musulmáns argumentan que o Corán lle permite ao home bater na muller.

O versículo en cuestión usa un termo ambiguo: daraba ضرب, que asume o significado "bater" (outros significados da palabra que son coñecidos son "ir aínda que" [4]. Yusuf Alí traduce o verso así:

Canto a aquelas mulleres polas cales vostedes temen a deslealdade e mal comportamento, advírtanas (primeiro), (a seguir) recusen compartir a cama con elas, (e por fin) bátanlles (levemente) (Corán 4:34.)

Este comportamento é severamente menosprezado en varias hadith: "Como é que algún de vós bate na muller como bate no garañón camelo e despois a abraza (e dorme con ela)?"[5], "Eu fun ao apóstolo de Alá e pregunteille: Que di vostede (comanda) acerca das nosas mulleres? El respondeu: Dádelles a comida que teriades para vós mesmos, e a vestimenta que vós mesmos usades, e non as batades nin insultedes [6]. Os fuqaha (académicos relixiosos) xeralmente achan que bater na muller é errado. Porén, moitos din que está permitido baterlle levemente. Nesta última categoría atópase o Sheikh Muhammad Kamal Mustafa, o imán da mesquita da cidade de Fuengirola, España, que escribiu no seu libro La mujer en el Islam:

"A malleira [da muller] nunca debe ser en furia cega e esaxerada de xeito que se eviten danos serios... Está prohibido baterlle nas partes sensíbeis do corpo, tales como a cara, peito, abdome e cabeza. En vez diso, deberá batérselles nos brazos e nas pernas, usando unha "vara que non debe ser ríxida senón fina e leve de modo a non deixar feridas, cicatrices ou manchas. Da mesma forma, os golpes non deben ser fortes." [1]

Afirma que en tales situacións, o obxectivo da malleira deberá ser causar á muller algunha dor emocional, sen a humillar ou magoala fisicamente. De acordo con el, as malleiras deben ser o último recurso que o marido debe usar para castigar a muller.

O Sheikh Yusuf al-Qaradawi, líder do Consello Europeo para Fatwa e Investigación, argumenta que bater na muller sen provocar dor é permisíbel: "É permisíbel para el baterlle levemente coas mans, evitando a cara e outras partes sensíbeis. En ningún caso el deberá recorrer a un pau ou calquera outro instrumento que poida causar dor ou danos". O Dr. Muhammad Al-Haxx, profesor de fe islámica na Universidade da Xordania (Amán) afirma: "Malleiras duras son aquelas que deixan marcas no corpo ou na face. Deste modo, bater na face está prohibido, porque a face é unha combinación dos aspectos da beleza, como é costume dicir. Está prohibido bater na face, está prohibido administrar golpes que deixen fracturas ou feridas, isto é o que os nosos sabios dixeron nos seus libros."

En moitos países musulmáns hai matanzas relativamente frecuentes por motivos de honra. A razón apuntada para as matanzas por motivos de honra é a crenza de que a muller causase ao clan ou á familia unha suposta "perda de honra" e por iso a muller "merece" ser matada.

As ensinanzas islámicas din que a vida é concedida por Alá e non debe ser tomada levemente, mais permite o castigo severo, incluíndo a pena capital, para algúns tipos de crime. Estes inclúen, segundo interpretacións estritas, todas as relacións sexuais extramatrimoniais, ben polo home ou pola muller. A interpretación e aplicación das leis relativas ao casamento e á castidade teñen variado nos diferentes lugares e tempos.

Circuncisión

editar

A circuncisión masculina comprende a extirpación do prepucio e é tradición na maioría das comunidades musulmás. Faise en diferentes idades, en diferentes culturas.

A eufemisticamente chamada circuncisión feminina non é unha práctica común na totalidade do islam mais é practicada por musulmáns e tamén por non musulmáns no leste da África, no val do Nilo, ben como en partes da Península Arábica. Nestas áreas, o costume é anterior ao islam. Moitos musulmáns africanos consideran que a circuncisión feminina é requirida polo islam, a pesar de que tal costume non se menciona no Corán e non existe ningunha hadith que a autorice.

Días de descanso e festivos

editar

O venres é o día máis importante da semana para os musulmáns. Considérase que os actos de devoción practicados neste día confiren unha maior recompensa.

Os musulmáns non acreditan porén que este día deba ser visto como o Sabbath, pois os musulmáns rexeitan a crenza de que Deus teña descansado despois da Creación. Os crentes frecuentan a oración congregacional na mesquita, rezan e ouven o sermón do Imán.

A data das festividades islámicas é determinada polo Calendario Islámico lunar. Este calendario non corrixe o feito de o ano lunar non corresponder ao ano solar. Deste modo, os meses islámicos retroceden a cada ano que pasa; eles mudan en relación co calendario gregoriano.

Ramadán - Nono mes do calendario islámico é un mes enteiro de observancia de xaxún durante as horas do día (nacer do sol ao por do sol).
Festexos do fin do xaxún (Eid-ul-Fitr), ou festa pequena (al-Eid saghir)- ocorre na conclusión do Ramadán e é celebrada no primeiro día do mes de Shawwal.
A gran festa, (Eid-ul-Adha), tamén "A festa do sacrificio" (Kurban Bayram) - dous meses e 10 días despois da pequena festa. Son abatidos animais para conmemorar o sacrificio de Abraham dun carneiro en vez do seu fillo Ismael. Aqueles que están aptos a facer a peregrinación á Meca fana inmediatamente antes desta data, na Haxx.
Achura - O décimo día do mes de Muharram. Este é o día en que Deus salvou Moisés e os xudeus do Faraón no Exipto e en que el atravesou o Mar Vermello (o día do Éxodo). Dise que o profeta Mahoma xaxuou xuntamente coas comunidades xudaicas veciñas nesta ocasión, e de acordo con narracións, Mahoma fixo plans para o xaxún no 9º e 10º días de Muharram. É tamén o día en que o neto de Mahoma, Husayn bin Alí, foi matado na batalla de Karbala. Para os musulmáns xiítas, este é un día de loito. Moitos musulmáns sunnitas tamén conmemoran o evento, a pesar de o faceren nunha forma ben menos dramática do que os xiítas. A conmemoración deste día é ollada con desdén polos fundamentalistas (sunnitas).
O ano novo musulmán - non é xeralmente celebrado como un festivo oficial islámico, a pesar de moitas comunidades teren algunha especie de ritual de celebración. Esta celebración é rexeitada polos fundamentalistas.
O aniversario do Profeta (Al-Mawlidu M-Nabawi Sh-Sharif) - Algúns sabios musulmáns consideran este festivo unha innovación na relixión, unha vez que o propio Mahoma non o celebraba, excepto polo xaxún. Este festivo é prohibido polo movemento islamista (islam fundamentalista). Algunhas nacións árabes tales como a Arabia Saudita prohíbenlles os musulmáns celebrar este festivo.

Apóstatas musulmáns

editar

Nalgunhas interpretacións do Estado islámico, a conversión de musulmáns a outras relixións está prohibida e chámase apostasía (como en tódalas demais). Na teoloxía musulmá, a apostasía corresponde a un crime de traizón, a traizón ó seu propio país. O castigo inclúe o ostracismo ou mesmo a pena capital, en caso de que sexan habitantes ou teñan vivido nun "Estado Islámico" e foren considerados inimigos do estado. Unha persoa que se teña convertido a outra relixión cumprirá unha pena.

Algunhas persoas afirman que os musulmáns que se converteron ao cristianismo poden estar en risco. Ver calquera das obras de Ibn Warraq, que afirma ser un ex-musulmán.

  1. Xavier Frías-Conde A transcrición dos arabismos en galego: unha proposta en Viceversa 12, 2006
  2. V. Fresco Barbeito, Transliteración e adaptación do árabe: Aplicación terminolóxica en Cadernos de Lingua 29, 2007, p.23
  3. "xariá". TERGAL. Consultado o 22/11/2019. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2004. Consultado o 15 de xuño de 2004. 
  5. Al-Bukhari, English Translation, vol. 8, Hadith 68, pp. 42-43.
  6. Sunan Abu-Dawud, Book 11, Marriaxe (Kitab Al-Nika), Number 2139.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar