[go: up one dir, main page]

Kazanlak

vila da provincia de Stara Zagora, Bulgaria

Kazanlak (en búlgaro: Казанлъ̀к, Kazanlǎk, en tracio e grego: Σευθόπολις (Seuthopolis) é unha vila de Bulgaria que se atopa na provincia de Stara Zagora, no medio da chaira homónima e ós pés dos Balcáns, ó leste do val das Rosas. É o centro administrativo do concello de Kazanlak.

Modelo:Xeografía políticaKazanlak
Казанлък (bg) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 42°37′07″N 25°23′36″L / 42.618748, 25.393238
PaísBulgaria
ProvinciaStara Zagora (província) (pt) Traducir
ConcelloKazanlăk (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Kazanlăk (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación48.551 (2024) Editar o valor en Wikidata (1.348,64 hab./km²)
Xeografía
Superficie36 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude407 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Troyan (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación1300 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal6100 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0431 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webkazanlak.bg Editar o valor en Wikidata

A vila é o décimo quinto centro industrial máis grande de Bulgaria, cunha poboación de 44 760 persoas en decembro de 2017.[1][2][3]

É o centro de extracción de aceite de rosas de Bulgaria e o centro de produción de rosas de aceite de Kazanlak é un dos seus símbolos nacionais máis recoñecibles.[4]

Historia

editar
 
Fresco do século -IV da Tumba tracia de Kazanlak, Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

O asentamento máis antigo da área da actual cidade data do Neolítico (milenios -VI e -V). Durante os séculos -IV e -III, as terras do alto río Tundzha estaban baixo o domonio do rei tracio Seutes III e tivo un importante papel no desenvolvemento histórico de Tracia durante a era helenística. A cidade tracia de Seutópole (Σευθόπολις) foi descuberta preto de Kazanlak e amplamente estudada durante a época da construción do encoro de Koprinka. No século -IV, preto da antiga capital tracia de Seutópole e preto da cidade actual, foi construída unha magnífica tumba tracia. A tumba é unha "colmea" (tholos) de ladrillos abovedados, e contén, entre outras cousas, pinturas murais que representan unha parella tracia nunha festa funeraria ritual. A tumba foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979.

Na Idade Media, o val converteuse nun centro administrativo da rexión de Krun, onde gobernou o boiardo búlgaro Aldimir (Eltimir). Despois de 1370, Kazanlak estivo baixo o dominio otomán. O nome moderno deriva do turco Kazanlık.

  1. Bulgarian National Statistical Institute – towns in 2017 Arquivado 20 de decembro de 2013 en Wayback Machine.
  2. "WorldCityPopulation" Arquivado 2012-05-31 en Wayback Machine.
  3. "pop-stat.mashke.org". mashke.org. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2015. Consultado o 7 de xaneiro de 2011. 
  4. Rose Festival Kazanlak Blog, ed. (22 de maio de 2017). "Bulgaria's Rose Valley and Rosa Damascena – A Brief History – Rose Festival Kazanlak". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2017. Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar