José Ramos López
José Ramos López, nado en Buenos Aires en 1911 e finado en Lugo o 21 de outubro de 1936, foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1911 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 21 de outubro de 1936 (24/25 anos) Lugo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Traxectoria
editarFoi directivo en Lugo do Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM),[1] participou nos mitins da Coalición Republicana nas eleccións de febreiro de 1936,[2][3] e foi delegado gobernativo no Courel nesas eleccións, onde foi agredido polo fiscal municipal recibindo un disparo.[4] Mestre nacional, aprobou a reválida en xuño de 1936.[5] Pertenceu a FETE-UGT, presidindo o acto de clausura do congreso provincial da FETE de Lugo en abril de 1936.[6]
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Lugo en consello de guerra acusado de traizón, foi condenado a pena de morte e multa mancomunada de 1,5 millóns de pesetas. Foi executado en Lugo o 21 de outubro de 1936 ás 18 h. con Ramón García Núñez, Perfecto Abelairas Castro, Ángel Pérez López e Rafael de Vega Barrera.[7] Para facerlle fronte ás responsabilidades políticas embargáronlle os seus bens.[8][9]
Notas
editar- ↑ Fernández (2022), p. 14
- ↑ El Pueblo Gallego, 6-2-1936, p. 10.
- ↑ El Pueblo Gallego, 12-2-1936, p. 10.
- ↑ El Pueblo Gallego, 15-2-1936, p. 11.
- ↑ La Voz de la Verdad, 18-6-1936, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 11-4-1936, p. 12.
- ↑ El Progreso, 22-10-1936, p. 1.
- ↑ BOP Lugo, 10-12-1936, p. 2.
- ↑ BOP Lugo, 30-12-1936, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández, Eliseo (2022). "A guerrilla no Courel: unha primeira achega". En Alejandro, Rodríguez Gutiérrez; Martínez Panizo, Laura. Federación de Guerrillas de León-Galicia. Santiago de Compostela: Edicións Positivas. pp. 13–30. ISBN 978-84-126233-9-0.
- Souto Blanco, María Jesús (1998). La represión franquista en la provincia de Lugo (1938-1940). Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-891-5.