José Meis Martínez
José Meis Martínez, nado en Sanxenxo o 2 de setembro de 1890[1] e finado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937, foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de setembro de 1890 Sanxenxo, España |
Morte | 27 de xullo de 1937 (46 anos) Pontevedra, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Traxectoria
editarFoi mestre de Cobres (1917-1928).[2] Na República foi mestre en Lourizán e permutou a súa praza co mestre de Seixo en 1935.[3] Afiliado á UGT e membro da directiva da Casa del Maestro de Pontevedra,[4] foi un dos creadores das Xuventudes Socialistas na parroquia de Seixo. Foi secretario de propaganda da Asocición de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo.[5] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar o 12 de maio de 1937 con José Gallego Nogueira, Agustín Sanjuán Sansinenea, José Mejuto Bernárdez, Antonio Fernández Fernández, Gumersindo Gastiasoro, Germán Chapela Leiro e Ángel Martínez Fandiño, foi condenado a pena de morte. Foi executado na Caeira (Poio) con José Gallego, José Mejuto e Antonio Fernández o 27 de xullo de 1937.[6][7] En decembro de 1939 abríronlle expediente por responsabilidades políticas.[8]
Notas
editar- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 74.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 20-11-1917, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 6-4-1935, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 17-1-1935, p. 11.
- ↑ Álvarez Castro, Xosé (2019). "Sindicalistas en Vigo (e 2)"
- ↑ "Cumplimiento de Sentencia". El Diario de Pontevedra. 27/07/1939. p. 2. Consultado o 19/06/2023.
- ↑ "Noticias". El Compostelano. 28/07/1937. Consultado o 19/06/2023.
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-12-1939, p. 5.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Mejuto Soba, A. P.; Rodríguez González, O. (2017). "La mujer emigrante y exiliada como custodia de la memoria histórica gallega. El caso del proceso a José Mejuto Bernárdez, republicano fusilado en 1937". Madrygal. Revista de Estudios Gallegos (20): 165–177.
- Santos Castroviejo, Iago; Nores Soliño, Antonio (2005). Historia de Cangas, 1900-1936. Unha ribeira de pescadores. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-96403-74-2.