Jalal-Abad
Jalal-Abad (tamén coñecido como Jalalabat; en kirguiz: Жалалабат, جالال-ابات, Jalal-Abat, [dʒɑlɑlɑbɑt]) é a capital e centro económico da rexión de Jalal-Abad no sur do Kirguistán. A cidade ten unha área de 88 quilómetros cadrados e unha poboación de 97,172 habitantes en 2009. Está situada ao nordés do Val de Fergana, moi preto da fronteira con Uzbekistán.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Kirguizistán | |||
Subdivisões (pt) | Rexión de Jalal-Abad | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 89.004 (2009) (1.011,41 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 88 km² | |||
Altitude | 763 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Sitio web | jalal-abad.gov.kg… |
Historia
editarUnha das polas máis importantes da ruta da Seda no Kirguistán pasaba por Jalalabat e a rexión xogou un importante papel en albergar viaxeiros durante centos de anos.
No século XIX unha pequena fortaleza Kokand foi construída e unha pequena qishtaq foi construída nos arredores desta. A xente local adícabase á agricultura, o comercio e a proporcionar servizos aos peregrinos que visitaban o spá de Azreti-Ayup-Paygambar que se dicía que as súas augas curaban leprosos. Na década de 1870, migrantes rusos chegaron á rexión e converteron a cidade nunha cidade de guardición e construíron un hospital militar.
Xeografía
editarClima
editarJalal-Abad ten un clima continental caloroso de verán seco acorde coa Clasificación climática de Köppen. Hai máis chuvia en inverno que no verán. A temperatura media é de 12,3 °C.
Datos climáticos para Jalal-Abad | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Media máxima en °C | 1,7 | 4,6 | 12,5 | 21,2 | 26,5 | 31,5 | 33,1 | 31,5 | 27,1 | 19,7 | 11,2 | 4,0 | 18,72 |
Media mínima en °C | −7,8 | −5,3 | 1,6 | 8,5 | 13,0 | 16,5 | 18,1 | 16,1 | 11,1 | 5,3 | −0,4 | −4,7 | 6 |
Precipitación media mm | 37 | 44 | 58 | 62 | 52 | 23 | 12 | 5 | 9 | 43 | 35 | 36 | 416 |
Fonte: Climate-Data.org,Climate data |
Notas
editarA Galipedia ten un portal sobre: Kirguizistán |