[go: up one dir, main page]

Ismail Kadaré

escritor albanés

Ismail Kadaré (en albanés Ismail Kadare), nado o 28 de xaneiro de 1936 en Gjirokastër (Albania), e finado o 1 de xullo de 2024 en Tirana, foi o máis coñecido dos escritores en lingua albanesa no século XX e principios do XXI. Fillo dun funcionario público, na súa infancia presenciou a devastación de Albania a consecuencia dos enfrontamentos armados da segunda guerra mundial, experiencia que o marcou profundamente. Estudou Historia e Filoloxía na Universidade de Tirana e posteriormente en Moscova, no prestixioso Instituto Gorki de Literatura, até 1960. En outubro de 1990, tras recibir ameazas por parte do réxime comunista albanés, decide exiliarse no Estado francés. A pesar do inminente colapso do réxime, Kadaré non volverá a Albania até o ano 1999.

Modelo:BiografíaIsmail Kadaré

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sq) Ismail Kadare Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1936 Editar o valor en Wikidata
Gjirokastër (Reino de Albania) Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xullo de 2024 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Tirana, Albania Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Membro do Parlamento de Albania
1970 – 1982 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo albanés Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Tirana
Instituto de Literatura Maxim Gorki Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActividade literaria, poesía e Prosa Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, novelista, tradutor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Linguaalbanesa
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeHelena Kadare (1963–2024) Editar o valor en Wikidata
FillosBesiana Kadare Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Biographical Dictionary of Central and Eastern Europe in the Twentieth Century (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0434282 Allocine: 77946 Allmovie: p317219
BNE: XX1648646 Discogs: 3667273 Editar o valor en Wikidata

Ismail Kadaré ten destacado especialmente no eido da narrativa, a pesar de que conta cunha estimábel obra poética e algunha incursión na literatura dramática.

Encadrada nun principio dentro das teses do realismo socialista, a obra de Ismail Kadaré trata con moita frecuencia os temas históricos dos Balcáns, especialmente dos pobos de lingua albanesa, achegándose en ocasión á historia contemporánea, e mesturándoos algunhas veces con elementos lendarios ou fantásticos da tradición albanesa. Ao mesmo tempo ten tratado a miúdo a cuestión do ser humano individual acurralado polo totalitarismo e as súas dinámicas absurdas, dun xeito que lembra en ocasións á narrativa de Kafka.

Un dos temas clave da súa obra é o relativo á configuración política e filosófica da identidade albanesa ao longo dos tempos, que el entende como unha personalidade situada constantemente entre as influencias de Oriente e de Occidente. Nese sentido é frecuente atopar escenarios contemporáneos á ocupación otomá do actual territorio de lingua albanesa, un contexto de opresión que foi interpretado tamén como unha referencia implícita ao totalitarismo do réxime comunista albanés. Así mesmo, é frecuente a aparición nas súas obras de elementos da tradición albanesa, como a música ou a literatura oral.

Aínda que a preocupación pola identidade albanesa é unha constante na súa obra, e xa tratara o caso da represión iugoslava contra Kosovo en Krushqit janë të ngrirë, (O cortexo nupcial conxelado na neve), o autor xogou un papel especialmente comprometido no conflito entre Serbia e Kosovo durante a Guerra de Kosovo (1989-1999), publicitando as razóns da postura albano-kosovar.

Posicións políticas

editar

Non existe un acordo sobre se a postura de Kadaré durante o réxime comunista albanés foi de simple conformismo ou de disidencia. Por unha banda, Kadaré foi un dos poucos escritores que gozaron do apoio do réxime para exercer o seu oficio, chegando mesmo a ter acta de deputado no goberno de Enver Hoxha, de corte estalinista. O propio autor manifestou publicamente que, a pesar de autoexiliarse, non gustaba de que o alcumasen como un escritor disidente.

Por outra banda, é certo que moitas das novelas de Kadaré non poden interpretarse doutro xeito que como unha denuncia contra o totalitarismo, en ocasións camuflado no contexto da opresión otomá. Isto é así especialmente na obra Pallati i ëndrrave (O palacio dos soños), onde describe a situación dun réxime que arquiva os soños dos seus súbditos para empregalos como un xeito de predición. Varios críticos apuntaron que a descrición do escenario da acción coincide coa de Tirana, e o "Palacio dos Soños", co Ministerio de Defensa albanés nos anos 70 [1]. Ao mesmo tempo, o autor achegouse á represión da Sigurimi (policía política) albanesa noutras obras posteriores como Spiritus, onde se persegue a gravación dunha psicofonía que supostamente recolle a voz dun disidente asasinado.

As propias declaracións de Kadaré na súa saída do país son reveladoras:

A literatura e as ditaduras son incompatíbeis. Un escritor é o inimigo natural dunha ditadura.

Recoñecemento internacional

editar

As obras de Kadaré foron traducidas a máis de corenta linguas, e é o escritor albanés máis recoñecido internacionalmente. O seu nome soa con frecuencia entre os candidatos ao Nobel de Literatura.

Entre outros premios, recibiu o Prix Mondial Cino del Duca en 1992 e o Premio Internacional Man Booker no ano 2005

Bibliografía

editar

A referencia cronolóxica principal da bibliografía é a da primeira edición albanesa. Moitas destas obras foron revisadas e modificadas polo autor en posteriores edicións ou nas traducións ao francés.

  • Frymëzime djaloshare, 1954.
  • Ëndërrime (Fantasías), 1957, poesía.
  • Qyteti pa reklama (A cidade sen anuncios),1959.
  • Shekulli im (O meu século), 1961, poesía.
  • Muzgu i perëndive të stepës (O ocaso dos deuses da estepa), 1962.
  • Gjenerali i ushtrisë së vdekur, (O xeneral do exército morto), 1963, novela.
  • Përse mendohen këto male, (En que pensan as montañas)1964, poesía.
  • Përbindëshi (O monstro), 1965, novela.
  • Tregimet e tejkohshme (Relatos doutro tempo), 1967, relatos.
  • Dasma (A voda), 1967, novela.
  • Motive me diell (Motivos ao sol), 1968, poesía.
  • Kështjella(Os tambores da choiva), 1970, novela.
  • Kronikë në gur (Crónica da cidade de pedra), 1970, novela.
  • Pashallëqet të medha (O nicho da vergoña), 1974-1976, novela.
  • Nëntori i një krieqyteti (Novembro dunha capital), 1975, novela.
  • Koha (O tempo), 1976, poesía.
  • Pallati i ëndrrave (O palacio dos soños), 1976, novela.
  • Dimri i madh, (O grande inverno), 1977, novela.
  • Komisioni i festës (A comisión de festas), 1977, novela.
  • Breznitë e Hankonatëve (A saga dos Hankonat), 1976, novela.
  • Ura me tri harqe (A ponte de tres arcos), 1978, novela.
  • Koncert në fund të dimrit (Concerto na fin do inverno, 1978), novela.
  • Prilli i thyer, (Abril despedazado), 1978, novela.
  • Kush e solli Doruntinën (Quen trouxo a Doruntina?), 1979, novela.
  • Gjakftohtësia, 1980.
  • Autobiografia e popullit bë vatgje (Autobiografía dun pobo nos seus versos), 1991, ensaio.
  • Dosja H (O informe H), 1981, novela.
  • Emblema e dikurshme (Emblemas de antaño), 1981, relatos.
  • Piramida (A pirámide) 1982, novela.
  • Krushqit janë të ngrirë, (O cortexo nupcial conxelado na neve), 1983, novela.
  • Tregimet e ditës që po thyhej (Relatos do serán agonizante), 1983, relatos.
  • Heqja e mjeshterisë së munxhadhënësve, (A abolición da profesión de maldicidor), 1983, relato.
  • Qorrfermani (O firmán da cegueira), 1984, novela.
  • Hija (A sombra), 1984, novela.
  • Rrëfim trikohësh (Relato en tres tempos), 1984, relato.
  • Viti i mbrapshtë (O ano negro), 1985, novela.
  • Koha e shkrimeve (O tempo dos escritos), 1986, relatos.
  • Vajza e Agamemnonit (A filla de Agamenón), 1986, novela.
  • Lamtumira e së keqes (O adeus ao mal), 1987, novela.
  • Vepra Letrare, 1989.
  • Nata me hënë (Claro de lúa), 1989, novela.
  • Kalimet e nëndhesme (As pasaxes subterráneas), 1990, relatos.
  • Ftesë në studio (Convite ao estudio do escritor), 1991, ensaio.
  • Pesha e kryqit (O peso da cruz), 1991, ensaio.
  • Muri i madh (A gran muralla), 1993, relatos.
  • Shqipëri, 1995.
  • Shkaba, (A aguia), 1995, novela.
  • Vjedhja e gjumit mbretëror, (O roubo do soño imperial), 1995, relatos.
  • Eskili, ky humbës i madh (Esquilo, o gran perdedor), 1995, ensaio.
  • Dialog me Alain Bosquet (Diálogo con Alain Bosquet), 1996, entrevistas.
  • Spiritus, 1996, novela.
  • Konkurs bukurie për burrat në Bjeshkët e Nemura (Concurso de beleza masculina nos Cumios Malditos), 1996, relatos.
  • Kushëriri i engjëjve (Os curmáns dos anxos), 1997, novela.
  • Poezi, 1997.
  • Kombi shqiptar në prag të mijëvjeçarit të tretë, 1998.
  • Tri këngë zie për Kosovën (Tres cantos fúnebres por Kosova), 1998, relato.
  • Ikja e shtërgut, 1999.
  • Ra ky mort e u pamë, 2000.
  • Kohë barbare (Nga Shqipëria në Kosovë), (Contos bárbaros, de Albania a Kosova), 2000, relatos.
  • Bisedë përmes hekurash, 2000.
  • Elegji për Kosovën, (Elexía por Kosova), 2000.
  • Lulet e ftohta të marsit, 2000.
  • Unaza në kthetra, 2001.
  • Jeta, loja dhe vdekja e Lul Mazrekut, (Vida, feitos e morte de Lul Mazrekut), 2002, novela.
  • Pasardhësi, 2004.
  • Identiteti evropian i shqiptarëve, (A identidade europea dos albaneses), 2006, ensaio.
  • Hamleti, princi i vështirë, (Hamlet, o príncipe imposíbel) 2006.
  • Çështje të marrëzisë.
  • Poshtërimi në Ballkan.
  1. El Palacio de los Sueños, Edición de Ramón Sánchez Lizarralde; Autor: Ismaíl Kadaré: Cátedra, 2005