[go: up one dir, main page]

Programa internacional de avaliación do alumnado

(Redirección desde «Informe PISA»)

PISA é o acrónimo de Programme for International Student Achievement ("Programa internacional de avaliación do alumnado"), un estudo internacional comparativo da avaliación do rendemento do alumnado posto en marcha pola OCDE. Tenta saber en que medida os xoves de 15 anos se achan preparados para se enfrontaren aos retos da vida adulta.

Características

editar

Os mozos desta idade achéganse ao final da súa escolaridade obrigatoria e PISA examina as competencias en tres ámbitos: a lectura, as matemáticas e as ciencias. Este estudo realízase cada tres anos e de cada vez dáselle máis relevancia a unha destas tres competencias. Así, no 2000 foi a lectura, no 2003 as matemáticas, no 2006 as ciencias e no 2009 de novo a lectura. No ano 2003 introducíuse un compoñente máis, a resolución de problemas. O primeiro ano participaron 43 países industrializados, en 2003 foron 41 e calcúlase que para o 2006 serán 58. En cada país as probas realízanas entre 4.500 e 10.000 alumnos.

O instrumento de avaliación son unha serie de exercicios que se contestan con papel e lapis nun tempo de dúas horas. Nunha sesión de avaliación participan varias quendas de alumnos que respostan a preguntas distintas. As preguntas agrúpanse en unidades. Cada unidade consta dun texto introdutorio que presenta unha situación da vida real seguido dunha ou varias preguntas.

O formato das preguntas pode ser fechado ou aberto. As preguntas fechadas adoptan a forma de resposta múltiple nas que o alumno ha de escoller unha só das opcións que se lle presentan (normalmente catro). As preguntas abertas contéstanse redactando ou calculando a resposta nun espazo aberto.

As preguntas fechadas poden ser cualificadas automaticamente. As abertas hanno de ser manualmente por expertos. Para unificar os criterios de cualificación existen unhas instrucións pormenorizadas que se distribúen a todos os países.

As puntuacións posíbeis oscilan entre 0 e 3 puntos por cada pregunta, sempre en números enteiros. A maior parte das preguntas, entre elas todas as de resposta fechada, teñen unha puntuación máxima de 1 punto. Boa parte das preguntas abertas reciben unha puntuación máxima de 2 puntos e algunhas 3, en razón da riqueza da resposta segundo os criterios.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar