Illa A Carral
(Redirección desde «Illa Carral»)
A Carral[1] é unha illa situada en cabo Silleiro, na parroquia de Baredo no concello pontevedrés de Baiona. Atópase no espazo da Costa de Baiona-A Guarda.
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Baredo, España | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Xeografía
editarNas súas augas houbo varios naufraxios como o do Cunichán (Collingham) ou o do ABC. Xa que a illa é rochosa, coma o resto das que a rodean. En tempos foi unha das illas máis aproveitadas polos percebeiros.[2] Xunto coas illas Negras, a illa Polbeira e a illa Aguieira, forma un arquipélago diante de Silleiro.
O Concello de Baiona decidiu darlle o nome desta illa a unha rúa no lugar de Loureiral (Baiona).
Notas
editar- ↑ "A Carral - 38274000010572". galicianomeada.xunta.gal. Consultado o 2023-10-28.
- ↑ Vilar Pedreira, Xosé Lois (2008). Os nomes do mar de Baiona e Panxón. Instituto de Estudos Miñoranos.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Artigo "CARRAL" da Gran Enciclopedia Galega.