Gonzalo Acosta Pan
Gonzalo Acosta Pan, nado na Coruña o 31 de decembro de 1888 e finado na Caeira (Poio) o 12 de setembro de 1936, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de decembro de 1888 A Coruña, España |
Morte | 12 de setembro de 1936 (47 anos) A Caeira, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Gobernador civil da provincia de Pontevedra | |
26 de febreiro de 1936 – 20 de xullo de 1936 (destitución) ← Armando Peñamaría Álvarez – Ricardo Macarrón Piudo → | |
Gobernador civil de Biscaia | |
13 de outubro de 1933 – 20 de decembro de 1933 ← Emeterio Muga (mul) – Ángel Velarde García (en) → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Acción Republicana Izquierda Republicana Partido Republicano Radical Socialista Independiente |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Traxectoria
editarEmpregado do Banco Pastor. Foi nomeado cónsul de Ecuador na Coruña en decembro de 1931.[1] Membro do Partido Republicano Radical-Socialista, foi nomeado gobernador civil de Biscaia o 13 de outubro de 1933. Despois da escisión foi candidato nas eleccións de novembro de 1933 polo Partido Radical-Socialista Independiente.[2] En 1935 foi Secretario Xeral do Consello Provincial de Izquierda Republicana da Coruña e presidiu a Agrupación Municipal do partido na cidade. Foi presidente do Casino Republicano coruñés. Foi nomeado gobernador civil de Pontevedra o 26 de febreiro de 1936.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi apresado, logrou fuxir nun primeiro momento, porén, detivérono no mes de agosto na Coruña e trasladárono a Pontevedra onde foi xulgado por traizón en consello de guerra o 8 de setembro, e condenado á pena de morte e multa de 1000 pesetas. Foi executado no monte da Caeira, no quilómetro 1 da estrada de Campañó.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 20-12-1931, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, 8-11-1933, p. 4.
- ↑ Serrallonga i Urquidi, Joan (2007). "El aparato provincial durante la Segunda República. Los gobernadores civiles, 1931-1939" (PDF). Hispania Nova (7).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.