A Caeira, Poio (San Salvador), Poio
A Caeira é un lugar da parroquia de Poio (San Salvador) no concello pontevedrés de Poio na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 938 habitantes (460 homes e 478 mulleres).
A Caeira | |
---|---|
Capela de San Antoniño. | |
Parroquia | Poio (San Salvador) |
Concello | Poio |
Coordenadas | 42°26′16″N 8°39′24″O / 42.437861111111, -8.6567222222222 |
Poboación | 938 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarHai constancia de restos de petróglifos no monte da idade de bronce (1800 - 600 a. C.), denominados Laxe das Lebres e Laia dos Cervos. Non se teñen maiores datos ata o século XIX, cando parte deste lugar se converteu na leira da familia Riestra, onde os Marqueses de Riestra construíron un pazo. Este lugar, propiedade de José Riestra López, que en 1893 se converteu no Marqués de Riestra, albergaba tertulias políticas de altura, e foi escenario de decisións de transcendencia na política estatal. Tamén serviu, en plena guerra de Cuba, en 1898, de improvisado hospital. Deste pazo queda na actualidade unha pequena capela, consagrada a San Antoniño.
Á beira deste monte fusilouse en 1936 a Alexandre Bóveda.
Desde a década de 1960 viviu unha grande expansión demográfica, coa construción de vivendas unifamiliares e de edificios grandes. Hoxe en día alberga instalacións como o Liceo Casino, o colexio privado SEK e o club de tenis, así como a Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra.
As súas rúas teñen nomes de ríos galegos na zona baixa do monte (Oitavén, Lérez, Umia...), e de illas na zona alta (Tambo, Toxa, Ons...), agás unha adicada a San Antoniño, tres adicadas a persoeiros (José Pernas Peña, Mato Calderón e praza de Riestra), e a avenida de Campañó.
Petróglifos da Caeira
editarLocalizáronse ata 16 grupos de petróglifos nos montes da Caeira, se ben crese que desapareceran máis baixo as urbanizacións e as rúas alí construídas. Destacan sobre as demais a Laxe das Lebres e a Pedra Grande de Montecelo. A primeira presenta 42 cervos de distintos tamaños e en diversas actitudes, ademais de cazoletas e outras figuras. A segunda mostra numerosos círculos, labirintos e cazoletas, pero ningún cérvido. Estes dous conxuntos, xunto coa Laxe do Xugo, son considerados monumento histórico artístico nacional.
Esta área arqueolóxica está musealizada dende o ano 2009, e ten o seu centro de interpretación fronte a oficina de turismo de Poio, á cal se accede polo pazo de Ferreirós.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de San Salvador de Poio, Poio.
-
Laxe das Lebres.
-
Laxe das Lebres.
-
Pedra Grande.
-
Pedra Grande.
Lugares e parroquias
editarLugares de San Salvador de Poio
editarLugares da parroquia de San Salvador de Poio no concello pontevedrés de Poio | |
---|---|
Anafáns | Andurique | A Barca | A Caeira | Encoirados | A Lagoa | As Laxes | Lourido | O Mato | Oliveira | Poio de Arriba | A Porteliña | Portosanto | Sineiro | A Valiña | O Vao | Viñas |
Parroquias de Poio
editarGalicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Poio | |
---|---|
Combarro (San Roque) | Poio (San Salvador) | Poio (San Xoán) | Raxó (San Gregorio) | Samieira (Santa María) |
Notas
editar- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- GARCÍA ALÉN, A. e PEÑA SANTOS, A. (1981): Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra. A Coruña, Fundación Barrié.