Goma
páxina de homónimos de Wikimedia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
A palabra galega goma, do latín vulgar gŭmma, á súa vez do latín cummi e este do grego κόμμι, pode referirse a:
- Goma: Substancia mucilaxinosa ou viscosa procedente de certas árbores, insolúbel en alcol e solúbel en auga. Empréganse en farmacia e tamén na industria para fabricar colas e vernices. Caucho. Por extensión, un cacho desta substancia.
- Goma: fita elástica que pode ter forma circular e que serve para suxeitar cousas. Goma elástica.
- Goma: en medicina nome que reciben certos tumores.
- Goma arábiga: Substancia polisacárida amarelenta obtida de certas acacias orixinarias de Arabia, empregada como produto medicinal e con múltiples aplicacións industriais.
- Goma de mascar: Resina aromatizada para mascar, que se obtén dunha árbore suramericana ou mediante procedementos artificiais.
- Goma de borrar: cacho de goma para borrar o risco do lapis.
- Goma (xogo): Xogo popular no que se debe saltar unha goma elástica, prendela cos pés, estirala e cruzala, ou pisala, segundo as versións.
- Goma xantana: E-410
- Goma-2: Explosivo plástico.
- Goma 2: banda galega de rock da década de 1970.
- Goma: coloquialmente, pneumático.
- Goma: coloquialmente, condón.
Toponimia
editar- Goma: cidade da República Democrática do Congo, a estremar con Ruanda