[go: up one dir, main page]

Wikipedia:Detector de homónimos

Atallo:
WP:DH
Exemplo do funcionamento.

O detector de homónimos é unha ferramenta da Wikipedia que marca con fondo amarelo aquelas ligazóns internas que van dar a páxinas de homónimos. Por regra xeral, os artigos non deberían conter ligazóns a páxinas de homónimos, senón a unha das entradas recollidas nestas, para que así, ao premer o usuario na ligazón, mostre un artigo, en lugar dunha páxina de homónimos.

Activación

editar

Para activar a ferramenta hai que dispor dunha conta e ter a sesión iniciada. Nas preferencias de usuario, concretamente na sección Trebellos, detállanse tódalas ferramentas dispoñibles para os usuarios da Wikipedia. O detector de homónimos atópase na sección Navegación. Marcando a caixa xunto ó texto Activar o detector de homónimos, activarase a ferramenta.

PreferenciasTrebellosNavegación  Homónimos: Activar o detector de homónimos.

Para desactivar a ferramenta basta con desactivar a caixa pertinente nas preferencias.

Como funciona?

editar

Esta ferramenta baséase na API da Wikipedia. Cada vez que se cargue unha páxina compróbanse as categorías ás que pertencen todas as páxinas ligadas e compróbase se pertencen á categoría de homónimos. En caso positivo colorease de amarelo a ligazón interna correspondente.

O código Javascript da ferramenta atópase aquí.

Máis información

editar

Para avisar de problemas, erros ou propor melloras da ferramenta, podes facer uso da páxina de conversa.

O autor do script é o usuario APPER da Wikipedia en alemán.

Caixa de usuario

editar

O usuario que o desexe pode incluír a seguinte caixa na súa páxina, incluíndo o código {{Usuario Detector}} .

  Este usuario mellora as
ligazóns dos artigos co
detector de homónimos.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar